lunes, 29 de mayo de 2017

Os carballeses nos XII Xogos do Eixo Atlántico 2017

Equipo de Carballo en Guimaraes 2013

Carballo volverá a estar presente, por quinta vez consecutiva, nos Xogos do Eixo e novamente, coma nas tres últimas edicións,con equipos de baloncesto, sendo a única disciplina deportiva na que participa o Concello de Carballo. Será a duodécima edición dos mesmos e a sede será  Lugo, Sarria e Monforte  entre os días 5 e 9 de xullo despois de que as dúas edicións anteriores tiveran lugar en Portugal.

Se nas últimas edicións participará so o equipo cadete masculino, nesta ocasión tamén participará o equipo cadete femenino, como sucedera no ano 2009, na edición celebrada na Coruña.
Equipo de Carballo en Matonsinhos 2011
Por este motivo, para a organización e vaixes dos dous equipos, os cadetes dos dous equipos carballeses terán unha reunión este mércores ás 19:30 horas no pavillón da Zona Escolar

Equipo de Carballo no 2009




No hay comentarios:

Publicar un comentario