martes, 30 de mayo de 2017

O mércores 7 de xuño faremos a foto oficial da temporada


O mércores 7 de xuño faremos a foto oficial do club, a foto individual de cada xogador e a dos grupos que conforman a liga interna de 3X3.


A sesión comezará ás 17:00 horas e rematará ás 18:00 horas no pavillón do colexio. Os xogadores que participan na liga 3x3 Seguros Sueiro terán que traer a camiseta da liga e o chándal do colexio. Os xogadores dos equipos federados traerán a equipación de xogo. Moi importante a asistencia pois con esas fotos faremos un panel para colocar no vestíbulo do colexio xuntos cos das outras temporadas.

En total son nove os equipos que compiten esta temporada nas distintas competicións, sen contar aos xogadores que militan no EB Xiria .En competición federada están anotados 107 xogadores aos que teríamos que engadir a aqueles alumnos do centro que xogan as distintas ligas internas, dentro do centro. Neste formato de competición, de 3x3, patrocinado por Seguros Sueiro compiten un total de 31 equipos divididos por idades e cun total de participantes de 124 xogadores. Destacar aos máis cativos, os nenos de cinco anos, un total de 25 xogadores que alternan a competición oficial e a liga interna.

No apartado directivo mántense como presidente Joaquín Moreira, quen acumula oito anos no cargo dos quince anos de historia do club. Dentro do corpo técnico están Diego Rivas (coordinador dos equipos benxamíns), Pablo Moreira (adestrador dos prebenxamíns), Javier Cotelo (adestrador do equipo infantil), Jordi Villar (adestradores do equipo alevín), Fran Cristóbal e Iván Villaverde (adestradores dos equipos cadetes) e Joaquín Moreira (adestrador do cadete femenino).

Dentro do traballo técnico destacar que tres dos adestadores teñen o nivel superior (Javier, Iván´Villaverde e Joaquín), un o nivel II (Diego), dous con  o nivel I (Jordi e Fran) e un o nivel iniciación (Pablo Moreira).
A relación de equipos federados é a seguinte:
  • Cadete masculino-1
  • Cadete femenino-1
  • Infantil masculino-1
  • Alevín A-1
  • Alevín B-1
  • Alevín C-1
  • Benxamín A-1
  • Prebenxamín A-1
  • Prebenxamín B-1



No hay comentarios:

Publicar un comentario