martes, 9 de mayo de 2017

Actividades e xornadas para os meses de maio e xuño

Nestes dous últimos meses de actividade temos un montón de actividades, eventos, torneos e xornadas de clausura.Informámosvos das seguintes:

ü  Mércores 17 de maio: V Edición do Pequebásquet en Carballo para os xogadores prebenxamíns e benxamíns. Xa están anotados os dous equipos para esa xornada da que daremos toda a información o luns. Esta actividade sería todo o día.

ü  Domingo 21 de maio: Última xornada de Babybásquet en Culleredo. Será pola mañán e informaremos a próxima semana. É para os xogadores prebenxamíns.

ü  Sábado 27 de maio: Xornada de clausura de Babybásquet na Estrada. Organizada pola FEGABA. Pasaremos a información esta mesma semana.

ü  Sábado 10 de xuño: Fase final Copa Bergantiños 2017 para os xogadores benxamíns e alevíns. Queda por determinar a sede e sería en horario de mañán.


ü  Domingo 11 de xuño: XV Día do Minibásquet en Santiago de Compostela para os xogadores benxamíns e alevíns durante todo o día no Multiusos Fontes do Sar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario