
A
noticia da súa morte deixa un gran baleiro no deporte carballés e pensamos que
é xusto recoñecer a súa labor como dinamizadora e impulsora de moitas
iniciativas locais organizando este memorial onde teñen cabida as súas últimas
actividades, neste caso co relacionado co baloncesto femenino, onde foi a
“culpable” da consolidación dos equipos femeninos dentro do Club Baloncesto
Artai e tamén dentro da agrupación Un paso Máis con especial énfase no deporte
adaptado, concretamente no baloncesto en cadeira de rodas, sen esquecerse do seu traballo na sección de balonmán da asociación Xiria.
- Data
O
día escollido para a celebración do Memorial é o martes 6 de decembro durante a mañán e tarde dese día festivo.
- Lugar
O
pavillón onde terá lugar o Memorial será o pavillón da Zona Escolar.
- Organización
Concello
de Carballo ,Club Baloncesto Artai, Un paso máis e sección de balonmán de
Xiria.
- Colaboración
Conservas
Calvo ,Deputación da Coruña, Deporte Galego e Colexio Artai
5. Horario do
Memorial
Partido
baloncesto cadete femenino: CB Artai-CB
Laracha-10:00 horas
Partido
baloncesto cadete femenino: EB Xiria-ACB
Costa da Morte-11:00 horas
Partido
balonmán Grupo Lemaco-Punta del Este, ambos equipos de Xiria-12:00 horas
Partido
baloncesto cadete femenino: CB Laracha-ACB Costa da Morte-15:30 horas
Partido
balonmán entre o Goldie Xiria senior e ex –xogadoras do club: -16:15
Partido
cadete femenino: CB Artai-EB Xiria-17:00
Partido
en cadeira de rodas: Exhibición Basketmi Ferrol-17:45
Entrega
de agasallos e trofeos: 19:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario