domingo, 20 de noviembre de 2016

Derrota do cadete B ante Cambre: 62 a 73


CADETE MASCULINO-2ª DIVISIÓN PROVINCIAL-XORNADA 5

EB Xiria 62 - Cambre 73


EB Xiria ( 14+14+20+14 ) : Yago Iglesias(4), Freire(2), Damián, Iago Caamaño(18), Borja Ríos(10), Manuel Abelenda(1), Samuel Lodeiro(8) e  Mario López(19).

Cambre ( 16+21+15+21 ) : Bouzas(24), Juena(20), Patiño(2), Lens(4), Otero, Martínez(21), Guisande, Quintián(2), Casal e Iglesias.

Parciais: 14-16 / 14-21 / 20-15 / 14-21

Árbitro: Ariel Latorre,de A Laracha.Grandísimo traballo nun encontro complicado de arbitrar, xa que solo había un arbitro na pista. Sancionou con vinte faltas aos locales e con dezanove aos visitantes.

Incidencias: Chegaba a primeira derrota da temporada, despois dun duro partido xogado en Carballo.
Comezábamos o partido permitindo que os seus exteriores xogasen 1x1 moi fáciles a canasta contra os nosos interiores que a maioría das veces terminaba en falta ou canasta. En ataque, o 2x1(ata 3x1 algunha vez) que nos facían ao poste, obligándonos invertir o balón e buscar tiros liberados que neste partido non se estivo acercado, xa que non se anotou ningún triple. 

O marcador estivo moi igualado ata o segundo cuarto, que foi cando o número de faltas obligou a facer moitas rotacións e tamén a presión a toda a pista en momentos importantes do partido nos puxo 9 abaixo ao descanso. 

Un moi bo terceiro cuarto dos rapaces no apartado defensivo, achegábanos con diferencias de 2- 4 puntos, tras varios roubos de balón e boas xogadas dos interiores.
No derradeiro cuarto, o cansancio físico e as malas lecturas en ataque levábanos dezanove abaixo a falta de  dous minutos para o final do encontro, pero en tan solo 30 segundos recortábase ata os 11 puntos de diferencia finales para o partido de volta intentar remontalos.
Destacar que tres xogadores deles meten sesenta e cinco puntos(máis que todos os nosos).
Bonito partido no que todos aprendemos e toda seguir traballando e mellorando en moitos aspectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...