viernes, 15 de abril de 2016

Foto oficial dos equipos o xoves 21 de abril


O xoves 21 de abril,coincidindo co XIII aniversario do colexio Artai baixo esa denominación e no lugar que ocupa na actualidade,, faremos a foto oficial do club, a foto individual de cada xogador e as fotos de cada un dos  equipos nesta temporada 2015/2016.
 A sesión fotográfica será a partir das 17:00 horas nas instalacións do colexio Artai. Por tal motivo, os xogadores terán que traer a equipación oficial do club, xunto coa camiseta de quencemento e tamén o chándal do equipo.
En total son nove os equipos que compiten esta temporada nas distintas competicións, sen contar aos xogadores que militan no EB Xiria .En competición federada están anotados 102 xogadores aos que teríamos que engadir a aqueles alumnos do centro que xogan as distintas ligas internas, dentro do centro. Neste formato de competición, de 3x3, compiten un total de 31 equipos divididos por idades e cun total de participantes de 124 xogadores. Destacar aos máis cativos, os nenos de cinco anos, un total de 25 xogadores que alternan a competición oficial e a liga interna.
No apartado directivo mántense como presidente Joaquín Moreira, quen acumula sete anos no cargo dos catorce anos de historia do club. Dentro do corpo técnico están Diego Rivas (coordinador dos equipos benxamíns), Pablo Moreira (adestrador dos prebenxamíns), Javier Cotelo (adestrador dos equipos alevíns), Jordi Villar e Iván Latasa (adestradores do equipo junior), Fran Cristóbal e Iván Villaverde (adestradores dos equipos cadete e infantil masculino) e Joaquín Moreira (adestardor do cadete femenino). Dentro do traballo técnico destacar que tres dos adestadores teñen o nivel superior (Javier, Iván´Villaverde e Joaquín), un o nivel II (Diego), un o de técnico superior (Iván Latasa), dous van a sacar este verán o nivel I (Jordi e Fran) e un o nivel iniciación (Pablo Moreira).
A relación de equipos federados é a seguinte:

  • Junior masculino
  • Cadete masculino
  • Cadete femenino
  • Infantil masculino
  • Alevín A
  • Alevín B
  • Benxamín A
  • Benxamín B

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...