martes, 16 de febrero de 2016

Mario Penedo no CETI deste domingo en Santiago

CONVOCATORIA CETI

Mario Penedo foi seleccionado para acudir ao Ceti de Tecnificación para nenos nados nos anos 2005, que organizará a FGB en Santiago de Compostela o Domingo día 21 de febreiro de 2016 nas instalacións do Colexio M. Peleteiro sito en Monte Redondo-Castiñeiriño.
Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 h nas instalacións do Colexio Peleteiro(no pavillón de patinaxe que está ao carón do Salón de Actos).

A concentración rematará ás 14:00h do mesmo día, horario establecido para poder recoller aos/as xogadores/as nas instalacións do Colexio no mesmo pavillón onde comeza a concentración. Os/as convocados/as deberán vir provistos/as do equipaxe do seu club para o adestramento. Os pais/nais/titores dos/as seleccionadas terán unha Charla-coloquio dende as 11:30h ata ás 13:30h na instalacións do Colexio, dita charla é de asistencia obrigatoria para os asistentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...