
“O Baloncesto e o Nadal” é a plataforma escollida pola entidade federativa para escoller a que será a imaxe oficial da súa postal de Nadal, acción para a que conta coa colaboración de “la Caixa” e CENOR.
Con interesantes premios para os dous primeiros galardoados, e coa novidade de contar este ano coa elección do segundo premio da man dos seus seguidores na red social Facebook, o certame buscará as mellores propostas de debuxo que vinculen dúas temáticas: a paixón polo BALONCESTO e os mellores desexos para o NADAL.
A data límite para a entrega dos deseños, así como as bases oficiais, normativa e galardóns que acarrea o concurso poden consultarse xa no documento que achegamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario