12º XORNADA SENIOR MASCULINO 3ª DIVISION
CB CALVO ARTAI CB RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA
28 DE XANEIRO DE 2018
LUGAR: PAVILLÓN VILA DE NOIA (CARBALLO)
HORA: 12:00h
CALVO ARTAI 68 RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA 47
PARCIAIS POR CUARTO: 22-14, 12-13, 19-11, 15-9
C.B. ARTAI : Jaime Sueiro (8), Marcos Guiance(),
Samuel Iglesias (2), Abrahan Parcero(13), Alesandro Perez(8) Fernando Mariño (10),Sergio Cebral (6),
Bruno Calviño(14), Diego Mallo(4), Iván Cancela(1), Dani Otero (1) e Andrés
Puente (2). Pedro Trigo e Adrian non convocados.
RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA: Sanches, R (), Casal, A (5), Alonso, G (4), Seco. L
(14), Martinez, R(4), Porto. J (2), Novo, D (4), Real, J (), Martinez, A (4),
Bergantiños, L(), Fernandez, N(6) e Fernandez, D(4)
ARBITROS: O colexiado Sobrino, J (847). Un só
colexiado como ven sendo habitual esta tempada pola falta de árbitros. Tivo
unha labor moi dificil debido a brusquedade do xogo nalguns intres e polas
protestas que iso xeneraba. Sancionou
con duas tecnicas os locais Marcos Guiance e Jaime Sueiro, e con outras duas técnicas e posterior
descalificacion o visitante Casal, A.
Boa actuación.
INCIDENCIAS.
Partido correspondente a duodécima xornada de liga da Terceira División
Masculina do comité coruñes.
Despois de dúas
derrotas consecutivas ante o Betanzos e o Fundación, comezaba o partido o CB
Calvo Artai cun xogo maís tranquilo e racional do habitual, mezcla entre o medo
a unha nova derrota e as gañas de volver a senda da victoria.
Os ataques eran
longos, pausados e con boas seleccións de tiro, secundados cos habituais
contraataques tras roubo de balón por parte de Fer Mariño e Bruno que coma
sempre presionaban intensamente a toda pista.
Todo isto
propiciou que os primeiros dez minutos se decantaran claramente para o equipo
do colexio ARTAI, ainda que o equipo vilalbés, grazas o seu poderío no xogo
interior mantiña as súas opcions.
O segundo cuarto
foi totalmente distinto. O equipo visitante comenzou a leer millor o ataque do
Artai e cunha defensa moi cerrada conseguía que as seleccións de tiro e
penetracions locais non foran as mais axeitadas, co cal so se puideron anotar
12 puntos en 10 minutos.
Isto permitiu gañar o cuarto o equipo visitante
que anotou 13, chegando o descanso cun tanteo aberto de 35-27.Mencionar que os
ultimos tres puntos do Artai, foron grazas a uinha boa xogada individual
de Diego Mallo, que conseguiu nos
ultimos segundos sacar unha falta nun tiro lonxano dende mais aló dos 6,75 que
non anotou, pero si dous dos tres tiros libres posteriores.
Comezou a segunda
parte cun Artai xa totalmente centrado e metido no xogo. Os ataques eran moi
fluidos e remataban sempre con bos tiros exteriores por parte de Abrahan e
Alesandro, e cando non era así, o facía o bo xogo interior de Cebral e Jaime.
O equipo visitante
sobrevivía a base de algunha individualidad do seu número 9 (Selo, L) e de
rebotes ofensivos conseguidos por mor da grande envergadura dos seus xogadores,
pero que non lle valiu maís que para anotar 11 puntos e ver como o equipo
carballes se ia ata os 15 puntos de vantaxa.
O último cuarto serviu para que os adestradores
locales rotaran xogadores de forma
cómoda, aumentando a diferencia ata o tanteo final de 68-47.
O próximo partido sera o próximo xoves día 1 de
febreiro na cancha do Basquet Coruña as 22:15 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario