viernes, 15 de diciembre de 2017

Victoria del senior ayer por la noche ante Xerión: 48 a 67

9º XORNADA SENIOR MASCULINO 3ª DIVISION

XERION----C.B. CALVO ARTAI
14 DE DECEMBRO DO 2017
LUGAR: PAVILLON RIAZOR 1 (A CORUÑA)
HORA: 22:15
XERION 48   CALVO ARTAI  67
PARCIAIS POR CUARTO: 8-21, 18-11,, 16-25, 6-10

C.B. ARTAI (21+11+25+10) : Jaime Sueiro (8), Marcos Guiance(), Abrahan(7), Fernando  Mariño (19),Sergio Cebral (15), Adrian Rey (2), Bruno Calviño, (14),Samuel(2), Iván Cancela(), Dani Otero ( ), Andrés Puente ()

ARBITROS: colexiados Lema e Larrañaga.. Sancionaron con 12 faltas persoais os locais e  21 os visitantes. Correctos na súa  labor, nun partido sinxelo e deportivo. Ningún expulsado.

INCIDENCIAS. Partido correspondente a novena xornada de liga da 3º division, disputada entre a semana o cal propiciou a baixa por estudos de Diego, Alesandro e Pedro por parte visitante. Así mesmo os locais presentaban tres baixas por lesións ou enfermidade debido en parte ó partido que tiveron que disputar este mesmo luns contra Fundación.
O primeiro cuarto foi un vendaval ofensivo por parte do Artai, que culminaba gran parte dos seus ataques con entradas sinxelas propiciadas pola forte defensa de  Fer Mariño.O equipolocal aguantaba no partido por mor dos rebotes ofensivos que eran moi mal bloqueados pola defensa carballesa.O segundo cuarto foi totalmente distinto, conseguindo o Artai só anotar catro puntos nos ultimos cinco minutos do periodo, e cun Xerión que pouco a pouco se ía metendo no partido gracias o seu xogo interior e veteranía.Chegouse o descanso cun vantaxe mínima por parte dos carballeses de so 6 puntos.
O terceiro periodo seguiu unha tónica similar o segundo, cun equipo local metido no partido e logrando anotar con relativa comodidade, pero moi floxo na defensa, que permitiu o Artai anotar 25 puntos e ir así, pouco a pouco, afastándose no marcador.
O útlimo tramo do partido, foi moi complicado para o Xerion, xa que finalizando o terceiro periodo, seu base titular sufriu unha leve torcedura no seu nocello dereito, non permitindolle reincorporarse o encontro. Tivo que recurrir seu adestrador a un director de xogo menos habitual, o que propiciou moitas perdas de balón que permitiron os poucos minutos do comezo  xa ter o encontro totalmente decidido a favor dos visitantes.Aproveitaron os adestradores carballeses para dar minutos os menos habituais: Dani, Iván, Marcos e Adrián que mostraron un bo xogo que permitiu gañar o partido cun tanteo final de dezanove puntos por riba.

O próximo partido será o domingo 7 de xaneiro do próximo ano na pista do Betanzos, que servirá para cerrar a primeira volta do calendario. Partido moi complicado contra o único rival invicto na liga ata agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...