domingo, 10 de diciembre de 2017

Mañán arranca a II edición da liga 3X3 Seguros Sueiro no Centro Artai



II  LIGA 3X3 SEGUROS SUEIRO
Mañán luns día 11 de decembro  comezamos a competición de 3X3 patrocinada por segundo ano por Seguros Sueiro que terá lugar no segundo e no terceiro trimestre do curso actual durante os recreos do Centro Artai (11:50-12:10) .Na competición participarán un total de 120 alumnos de Educación Primaria divididos en categoría prebenxamín (5 equipos), benxamín ( 5 equipos) e alevín (9 equipos).

A novidade desta edición ten que ver coa iniciativa por parte do Departamento de Educación Física do Centro Artai no referido aos nomes dos equipos. O seu responsable, Diego Rivas, decidiu, xuntos cos nenos e nenas participantes, denominar a cada un dos equipos cos nomes das dezaoito parroquias que conforman o concello de Carballo e nomear o último dos equipos co nome do río Anllóns. Unha boa forma de conxugar a actividade deportiva co coñecemento do medio máis próximo a nós.

Asi desta curiosa forma, os equipos que conforman a liga prebenxamín son as parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos, Vilela e o río Anllóns. A liga benxamín estaría formada por Aldemunde, Ardaña, Artes, San Xoán e Goiáns. A liga alevín , a máis numerosa, estaría formada polo resto das parroquias, Sofán, Sísamo, Rus, Razo, Oza, Bértoa, Berdillo, Entrecruces e Artes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...