lunes, 13 de noviembre de 2017

Victoria do senior ante o CB Arteixo: 58 a 37

SENIOR MASCULINO-JORNADA 4

CALVO ARTAI,58-CB ARTEIXO,37

PARCIAIS POR CUARTO: 28-10, 33-22,, 47-32; 58-37

CALVO  ARTAI (28+5+14+11) : Jaime Sueiro (4), Marcos Guiance(), Pedro Trigo(7), Abrahan(2), Samuel Iglesias (7),Sergio Cebral (6), Adrian Rey (1), Bruno Calviño, (11),Diego Mallo(), , Dani Otero (), Andrés Puente (4), Alesandro(16).

ARBITROS: Os  colexiados Sobrino e Gonzalez,ambos de A Coruña. Expulsaron por parte local a Adrian Rey. Bastante permisivos pero correctos na súa actuación.

INCIDENCIAS. Partido correspondente a quinta xornada de liga na terceira división masculina coruñesa, disputado entre o visitante Arteixo e o local, CB Artai,. O primeiro cuarto comezou moi favorable o equipo local, que cunha boa defensa que propiciaba innumerables contraataques, xunto cun bo tiro exterior, conseguía rozar os 30 puntos en so 10 minutos de xogo. O segundo cuarto foi moito máis igualado nos seus inicios, debido a que o equipo carballés mudou totalmente o seu quinteto inicial para dar minutos a xogadores moito menos habituais. Propiciou isto un aumento de confianza no conxunto de George,, conseguindo reducir as diferencias e achegarse no marcador ata o 33-22 que indicaba o panel luminoso no descanso. Voltaron o parquet do Vila de Noia, os xogadores titulares do CB Artai, o que supuxo que o equipo gañou en poder ofensivo, nda que as canastas non conseguían entrar, polo que acabaou o terceiro cuarto cunha tanteo a favor parcial de só 4 puntos. O ultimo periodo foi xa de tramite. Os xogadores arteixans deron o partido por perdido e só anotaron 5 puntos en dez minutos, co cal aumentou a diferencia local ata os 21 puntos cos que rematou o partido. Partido bastante levadeiro para os carballeses a espera dun partido moi igualado este domingo en terras betanceiras contra un Fucobet nda imbatido na categoría. Salientar como única nota negativa o esguince de tobillo de Abrahan, que ainda que no parece revestir moita gravidade, pode que non lle permita xogar a próxima semana

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...