miércoles, 28 de mayo de 2014

Horarios da xornada

CRÓNICA DO FIN DE SEMANA

Fin de semana moi intenso para a maioría dos equipos do club con dous días claramente diferenciados. O sábado, o último día do mes de maio, catro dos equipos viaxan a Santiago para participar nunha nova edición do Día do Minibásquet. O pavillón de Fontes do Sar acollerá a gran festa do baloncesto de base galego e para alí iran os cincuenta xogadores do club nuna xornada que arranca ás 09:30 horas e rematará ás oito da tarde. Os carballeses marcharán para Santiago ás 07:50 horas.

O do domingo é outro cantar e con moito en xogo. E vamos por orden cronolóxico. Os primeiros en xogar serán os benxamíns nos cuartos de final da Copa Primavera. O benxamín A xoga ás 11:00 horas en Agra II contra o equipo B do CB Culleredo. En caso de victoria, lembramos que a fase final será en Carballo na mañán do domingo día 8 de xuño.

E as 12:30 horas, a gran final alevín, onde os xogadores de Jordi tratarán de derrotar ó Salgado Montrove. O partido ás 12:30 horas en Agra II. 

E para rematar a xornada matinal do domingo, as infantiles de Iván Villaverde xogan a volta dos cuartos de final ante o equipo de Los Rosales na Coruña. As carballesas vencerán por 78 a 21 e se non sucede nada raro, disputarán a fase final o vindeiro sábado en Carballo.

XII DÍA DO MINIBÁSQUET-SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os horarios dos partidos son os seguintes:

ALEVÍN MASCULINO-ARTAI A
CB Artai A-Rosalía Pío XII ás 09:30 horas na pista 8
CB Artai A-Fedesa ás 14:45 horas na pista 9

ALEVÍN FEMENINO-ARTAI B
CB Artai B-Fontiñas ás 09:30 horas na pista 3
CB Artai B-La Salle ás 14:45 horas na pista 7
CB Artai B-CB Arxil D ás 17:00 horas na pista 8

BENXAMÍN MASCULINO-ARTAI C
CB Artai C-Pío XII Fedesa ás 10:15 horas na pista 7
CB Artai C-Cluny ás 16:15 horas na pista 6
CB Artai D-López Ferreiro ás 18:30 horas na pista 5

BENXAMÍN MIXTO-ARTAI D
CB Artai D-Inmaculada ás 10:15 horas na pista 6

CB Artai D-López Ferreiro ás 18:30 horas na pista 6

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...