martes, 3 de diciembre de 2019

Mateo Cambón, Mario Penedo e Iván Villaverde nas concentracións das seleccións galegas


  • PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL
O larachés, Mateo Cambón Domínguez, que milita no equipo infantil do CB Artai, foi seleccionado para acudir coa preselección Galega en categoría Infantil Masculina a concentración que terá lugar en Pola de Siero os días venres, sábado e domingo días 6-7-8 de decembro de 2019. Todos os xogadores convocados están citados o venres día 6 de decembro ás 16:00h. no Estadio Multiusos de San Lázaro,en Santiago de Compostela A concentración, para a que todos os xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada, rematará ás 18:00h. do domingo dia 8 de decembro, horario establecido para poder recoller aos xogadores no Estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela. A preselección participará no Torneo que organiza a Federación Asturiana na localidade de Granda(Siero) e estarán aloxadas no Colegio Palacio de Granda. O Torneo dispútase os días 7 e 8 de decembro na citada localidade, xogando partidos contra as seleccións invitadas. Este é o calendario do torneo
“TORNEO SIERO”  INFANTIL MASCULINO
07/12/ 2019
(10:00 h) EUSKADI - CASTILLA Y LEON
(12:00 h) ASTURIAS - GALICIA
(16:00 h) ASTURIAS - EUSKADI 
(20:00 h) CASTILLA Y LEON - GALICIA
08/12/ 2019
(09:45 h) GALICIA - EUSKADI
(11:30 h) ASTURIAS - CASTILLA Y LEON



  • PDC AUTONÓMICO CADETE 1º ANO
Mario Penedo Varela, do noso equipo cadete, foi seleccionado para acudir ao PDC AUTONOMICO 2005 MASCULINO que terá lugar en A Estrada o venres día 6 de decembro de 2019 ás 11:30h no Pavillón Manuel Coto Ferreiro. Dita actividade está dirixida a xogadores nados no ano 2005 e serve coma seguemento da dinámica que realiza a Area Deportiva nas distintas Areas Xeográficas durante toda a temporada, e co obxectivo de manter o control e seguemento sobre eles. As sesións de adestramento, serán dirixidas por técnicos integrados na Area Deportiva da FGB de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00h. Todos os xogadores convocados están ás 11:30h e os recollerán as 20:30h no citado pavillón.
Comentar que o adestrador encargado deste grupo é o o técnico do noso club, Iván Villaverde Cores.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...