domingo, 22 de diciembre de 2019

Mario Penedo e Iván Villaverde nun torneo en Anadia (Aveiro) coa selección galega


PDC AUTONÓMICO CADETE 1º ANO

Mario Penedo Varela, xogador do equipo cadete do club, foi seleccionado para acudir coa preselección Galega en categoría 2005 Masculina a concentración que terá lugar en Noia e Portugal dende o xoves día 26 de decembro ata o sábado dia 28 de decembro de 2019. Todos os xogadores convocados están citados o xoves día 26 de decembro ás 09:30 h no pavillón Alonso Rodríguez e adestraran de 10:00 a 12:00h e de 16:00h a 18:00h. A concentración, para a que todos os xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada, rematará á 01:00h. na madrugada do sabado dia 28 de decembro, horario establecido para poder recoller aos xogadores no Estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela.
A xeración do 2005 Masculina participará nun Torneo que organiza a Federación Portuguesa, para o que os trasladaremos en bus o mércores ata a localidade de Anadia(a carón de Aveiro) onde se xogará o Torneo. O Torneo dispútase os días 27 e 28 de decembro no Pavillón Deportivo de Anadia, xogando partidos contra as seleccións invitadas de Aveiro, Porto e un equipo nacional.Este é o horario do torneo do IV Torneio Internacional Sub16 Masculinos
27/12/2018
15H00 AB Aveiro x Castilla y Leon
17H00 AB Porto x Galicia
19H00 AB Aveiro x Galicia
28/12/2018
10H00 AB Porto x Castilla y Leon
12H00 AB Aveiro x AB Porto
15H30 Galicia x Castilla y Leon

Comentar que o adestrador encargado deste grupo é o o técnico do noso club, Iván Villaverde Cores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...