domingo, 1 de diciembre de 2013

Derrota do cadete B ante o Santa María del Mar

Categoría Cadete Masculino-Xornada 7

Artai B 29 –  Santa María del Mar 50
Artai B 29 (3+4+6+16) P. Bello (6), Pozas (2) , Edu (2), Manuel García (-), Anxo (7), Juan López  (3), Carlos Fraga (-), Adrián Barreiro (-), Fran Figueiras (-), Brais García (3), Pablo Sueiro (8)
Santa María del Mar 50 (10+15+15+10)
Incidencias: Mal partido dos xogadores de Iván Villaverde e Fran Cristóbal,  no que a presión dos coruñeses e rapidez nos seus contraataques marcaron o partido. O comezo os rapaces non entraron ben neste cuarto e solo meteron tres puntos, tamén dúas faltas de Pozas nos tres primeiros minutos levárono ao banquillo moi pronto. No seguinte cuarto as cousas  non cambiaban, catro faltas de Pablo Sueiro influían nas rotacións de Iván ata o final do partido, a entrada do infantil Carlos Fraga facía mover máis a defensa pero os malos pases e tiros precipitados favorecían aos de Sta. María para correr e meter canastas fáciles para chegar ao descanso con un 7-35 no marcador. 
A volta do descanso os rapaces do colexio parecían ter máis claros os conceptos para a saída de presión e o movemento en ataque pero non acababan de chegar os puntos, seis neste cuarto, e o rebote foi fundamental porque se lle concedían dous,tres e ata catro tiros nun ataque aos herculinos. No último cuarto os rapaces de Iván “despertaron” e deron a cara gañando este cuarto, con bos tiros, boas transicións de balón . Chegouse tarde ao partido pero de todo se aprende , seguro que os rapaces farano mellor na próxima xornada e os adestradores intentaranos apoiar o mellor posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...