miércoles, 18 de diciembre de 2013

Pablo Moreira, tres convocatorias nestes quince días

A menos de tres semanas para o comezo do Campeonato de España, dos días dous ó seis de xaneiro do 2014, Pablo Moreira continua coa preparación de dito evento intensificando as sesións de adestramento. 

Nesta recta final, o carballés ten tres concentracións antes de que remate o ano. A primeira o sábado 21 en Santiago, no pavillón Lorenzo Latorre. A segunda na Estrada, o domingo 22, ambas con doble sesión de adestramento.
 Para rematar o ano, a última será do 27 ó 29 de decembro na localidade pontevedresa de Tui, con dúas sesión de entreno diarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario