miércoles, 10 de octubre de 2012

VIII Torneo do Pilar 2012



O venres, 12 de outubro, celebrarase en Carballo o VIII Torneo das Festas do Pilar, todo un clásico dentro do baloncesto galego. Este oitava edición chega con importantes novidades, sendo a primeira delas a do numero de clubes participantes. Na duas pistas municipais carballesas estarán xogadores dos dous clubes de Carballo, o EBX Xiria e o Club Baloncesto Artai, o ACB Costa da Morte, o Maristas da Coruña, o Básquet Coruña, o CB Laracha, o Obradoiro de Santiago e as Escolas Deportivas Municipais da Laracha.

 Os partidos comezaran as dez  da mañan e remataran as oito e media da noite, cun breve intervalo para o xantar, co uso das dúas instalación deportivas municipais.As oito e media, terá lugar a entrega de trofeos para os equipos participantes.

Xogaranse un total de 25 partidos coa participación de doucentos cincuenta xogadores, dos oito equipos participantes no torneo. Esperase que a afluencia a ambas instalación sexa considerable com ben sendo norma todos este anos.

A organización recae nos dous clubes carballeses, co apoio do Patronato Deportivo Municipal de Deportes de Carballo e a Federacion Galega de Baloncesto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...