martes, 30 de octubre de 2012

Primeira sesión CETI do ano en Carballo



 A Federación Galega de Baloncesto,coa colaboración do Patronato Deportivo Municipal de Deportes quérevos comunicar o desenvolvemento dunha xornada de captación de xogadores/as nados en 2001, 2002, 2003 e 2004. Categorías que corresponden a: Alevín de 2º ano, Alevín de 1º ano, Benxamín de 2º ano e Benxamín de 1º ano
Por iso solicitamos que nos enviedes os vosos xogadores/as co obxectivo de ter un control e valorar a súa posible inclusión nalgún dos programas de tecnificación promovidos pola Federación Galega de Baloncesto.
As sesións desenvolveranse o SABADO 3 DE NOVEMBRO DE 2012 no pavillón municipal CARBALLO CALERO (BERGANTIÑOS) na rúa Carballo Calero s/n de CARBALLO. Nos horarios que se indican a continuación:
PRE-MINI (Benxamins) de 16:00h a 17:30h
MINI (Alevins) de 17:30 a 19:00
Agradeceríamos que enviásedes un listado de antemán co nome e apelidos dos xogadores/as que queirades enviar a este primeiro CETI, o seguinte correo electrónico cotelo.javier@gmail.com, para estar ó tanto e poder desenvolver unha mellor planificación da sesión de traballo.
Recomendase a cada xogador/a traer unha botella de auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...