CB ARTEIXO CB ARTAI
14 DE OUTUBRO DO 2017
LUGAR: PAVILLON VILA DE NOIA (CARBALLO)
HORA: 16:00h
CALVO
ARTAI 85 BASQUET CORUÑA 51
PARCIAIS
POR CUARTO: 14-10, 28-10,, 24-22, 19-9

BÁSQUET
CORUÑA (10+10+22+9):
Díaz (8), De la Peña (3),Díaz (8), Costa (16), Castro (3), Rodríguez (3), Feliz
(6), Varela (4) e Caamaño
ARBITROS: Os colexiados Miguel Díaz de Arteixo e Luis Miguel Cancela de A Laracha Expulsaron
por parte local a Bruno Calviño e por parte visitante a Costa (dúas técnicas),
Caamaño e Castro. Demasiado irregulares e imprecisos.
INCIDENCIAS. Partido correspondente a
primeira xornada de liga na terceira división masculina coruñesa, disputado entre o conxunto visitante Basquet Coruña e o
local, CB Artai. Partido de debut da
liga e primeiro partido nos quince anos de historia do club carballés na
categoría senior. Para a historia do club quedarán grabados os nomes de Andrés
Puente, autor do primeiro punto do partido e tamén o nome de Fer Mariño, autor
da primeira canasta en xogo do Calvo Artai.
O
primeiro cuarto reflexou unha igualdade entre ámbolos dous clubes, debido
quizáis a incertidume de ser a primeira vez que se enfrontaban entre eles, xa
que como é ben sabido, o clube carballés iniciabase por primeira vez na sua
historia nesta categoria. Moi imprecisos os xogadores carballeses, moi
irregulares no tiro, sobre todo nos tiros libres e cunha ansiedade propia do
debut e da xuventude do plantel. Pero no segundo cuarto liberáronse dos nervios
os locais e foito diso foi un parcial de 28 a 10 onde deixaban o partido case
sentenciado, polo marcador (42 a 20) e polas sensacións dos dous equipos.
A
segunda parte no tivo historia, minutos nos que os adestradores locais, Alberto
e Jordi, deron minutos a toda a plantilla e onde so houbo que lamentar a
aparatosidade da lesión de Marcos, cun forte golpe na cabeza, un pequeno susto
para a parroquia local
PRÓXIMA XORNADA: O próximo partido sera o mercores as
22:15 coma visitantes en Culleredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario