jueves, 26 de octubre de 2017

Derrota dos senior onte en Tarrío ante Fundación: 81 a 78

2º XORNADA SENIOR MASCULINO 3ª DIVISION




25 DE OUTUBRO DO 2017

LUGAR: PAVILLÓN TARRÍO (CULLEREDO)

HORA: 21:15

FUNDACION 81   CALVO ARTAI  78

PARCIAIS POR CUARTO: 14-22, 16-17,, 21-17, 30-22

FUNDACION: Gonzalez, Lopez, Pernas, Fernandez, Penas, Fernandez,J, Ramallo, Lopez, Fariña, Lopez, Martinez, Suarez.

C.B. ARTAI (22+17+17+22) : Jaime Sueiro (6), Marcos Guiance(),  Pedro Trigo(), Abrahan(2), Fernando  Mariño (17),Sergio Cebral (9), Adrian Rey (2), Bruno Calviño, (24),Samuel(2), Iván Cancela(5), Dani Otero (4)  e  Andrés Puente (4)

ARBITROS:Os  colexiados Alvarez-Osorio e Palou. Amonestaron con dúas tecnicas ós visitantes Jaime e Abrahan de forma moi rigurosa. Asi mesmo expulsaron por acumulación de faltas os anteriormente nomeados e a Sergio Cebral. Ningún expulsado por parte local.Pitaron 32 faltas os visitantes e 18 os locales o cal non reflexa para nada o acontecido no campo, sobre todo tendo en conta que ámbalas dúas defensas eran igualmente intensas.


INCIDENCIAS. Partido correspondente a segunda xornada de liga da 3º division, disputada entre a semana o cal propiciou a baixa de Diego e Alesandro por estudos, e por parte visitante a do base titular por traballo.
O primeiro cuarto foi un vendaval ofensivo por parte do Artai, que culminaba todolos seus ataques con tiros fáciles e contraataques liderados na meirande partes das ocasions por Fer Mariño e Bruno.
O equipo local aguantaba no partido por mor dos rebotes ofensivos que eran moi mal bloqueados pola defensa carballesa.
O segundo cuarto mantivo a misma tónica por parte visitante, ainda que co hándicap de ir acumulando persoais nos seus xogadores importantes, como  Abrahan e Andrés o cal obligaba os adestradores Jordi e Alberto a ir regulando ese problema tirando de banquillo.
O equipo local empezaba a funcionar pero non anotaba con flluidez, e conseguia chegar o descanso cunha diferencia de só 9 puntos.
Comenzaba a segunda parte do encontro poñendose o equipo local en zona, para subsanar a facilidade que tiña o Artai para penetrar a canasta e xenerar tiros comodos exteriores, o cal lle valiu para levarse o mesmo por 4 puntos, chegando o ultimo cuarto con todo sen decidir e cunha vantaxa visitante de 5 puntos que valía para poder soñar con gañar o encontro.
Xogou o  Artai un gran último cuarto, anotando 22 puntos, pero non valiu para gañalo, xa que o Fundación conseguía uns increibles 30 puntos en 10 minutos gracias o seu tiro exterior e os tiros libres propiciados pola quizais excesiva rigurosidade dos arbitros na canasta que defendian os carballeses na sinalización das faltas.
Os dous ultimos minutos foron de increible tensión xa que o partido non estaba decidido totalmente, chegando a poñerse os carballeses a 3 puntos cun increible triple frontal de Mariño e cunha perda de balón no posterior ataque local.
Dispuxo entón Artai dun ataque para forzar a prórroga cun triple cando aínda quedaban 22 segundos, pero a inexperiencia provocou unha perda de balón que xa non puido ser subsanada, chegando o resultado final a favor do equipo de Culleredo.

O próximo partido sera o domingo as 17:00 horas coma visitantes en Villalba ( Lugo)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...