lunes, 9 de octubre de 2017

Nueva victoria del Calvo Artai Senior

AMISTOSOS CALVO XIRIA SENIOR MASCULINO
CB ARTEIXO, 46 CALVO ARTAI, 52
PARCIAIS: 12-25, 9-8, 14-13, 11-13
C.B. ARTAI (25+8+13+13) : Alesandro (6), Cebral (6), Alex(3), Pedro (6), Marcos (3),Diego (4), Adrian (7), Ivan (4),Dani(3), Fer(8) e Juan (2)
ÁRBITROS: colexiado neutral do CB Arteixo. Ningún expulsado nun partido caracterizado polo seu xogo limpo.
INCIDENCIAS. Partido amigable disputado entre o C.B. Arteixo e o CB Artai, despois do mesmo enfrontamento celebrado fai unha semana no Vila de Noia na presentación do club carballés.O primeiro cuarto foi un vendaval ofensivo por parte do Artai, chegando os 25 puntos en menos de 10 minutos, anotando con facilidade tanto no interior da zoa como con tiros exteriores e fáciles contraataques. Isto propiciou unha vantaxe superior os 10 puntos no marcadorDespois dun bo toque de “atención” por parte do adestrador local, ( o Sr. George), comezou a funcionar algo mellor a maquinaria arteixana, conseguindo pouco a pouco reducir diferencias pero sen chegar en ningún momento a sobre pasar no tanteo os carballeses.Chegouse ó descanso con un balance favorable ó Artai con doce puntos e coa rotación completa de xogadores con bastantes minutos disputados.
O terceiro cuarto foi favorable o equipo local, que melloraron o seu xogo exterior e interior e lograron cuns bos axustes reducir a capacidade anotadora dos seus rivais, chegando o comezo do ultimo cuarto cunha desvantaxe de só 7 puntos.
Durante o último período de xogo volveuse a tónica de movemento efectivo de balón e xogo rápido de contraataque dos bases Alesandro, Diego e Pedro por parte do equipo azul, que propiciou un aumento da vantaxe no marcador.

A próxima xornada será o domingo día 15 as 12:00 horas no Vila de Noia contra o Básquet Coruña, que suporá o inicio da temporada da 3ª división coruñesa e o estreo do primeiro equipo sénior do colexio Artai, coincidindo cos 15 anos de historia do club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...