miércoles, 6 de septiembre de 2017

Inicio da actividade para os equipos de baby-básquet, premini e mini o luns 11 de setembro

Comezamos unha nova temporada, a decimoquinta na historia do Club Baloncesto Artai. O día 11 de setembro, o primeiro día do curso, será o primeiro día de actividade. Pasamos toda a información necesaria para este primeiro mes de setembro.

Deixamos a información máis relevante para este comezo de temporada:

HORARIOS DE ADESTRAMENTO EQUIPOS FEDERADOS
Os horarios desta temporada serán os seguintes:
  1. PREBENXAMÍNS E BENXAMÍNS (4, 5 ANOS,1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA)
Luns, mércores e xoves de 17:00 a 18:00 horas no pavillón do colexio.

  1. ALEVÍNS ( 5º E 6º DE PRIMARIA)
Luns, mércores e xoves de 18:00 a 19:00 horas no pavillón do colexio.

ALMORZO CON BALONCESTO

Os luns,martes,mércores e xoves dende  as 8:45 ata ás 9:30 horas teremos sesións de adestramento no pavillón do colexio para os xogadores do club que así o queiran.As sesións centradas en xogos e técnica individual serán impartidas por adestradores do club. Esta actividade comezará no mes de outubro.


II LIGA SEGUROS SUEIRO
Nos recreos do horario lectivo a partir do mes de outubro teremos a segunda edición da liga 3X3 para tódolos alumnos do centro de Educación Infantil e Primaria que se anoten.

ÁLBUM DE CROMOS DO CLUB
A partir do mes de outubro informaremos dos días nos que se sacarán as fotografía dos xogadores do club para facer un álbum de cromos cos outros equipos da comarca de Bergantiños.

DOCUMENTACIÓN PARA ENTREGAR
A documentación necesaria para a actividade federada é a seguinte:
  1. Fotocopia do DNI ou da folla do libro de familia onde esté o xogador.
  2. Unha foto tamaño carnet.
  3. Modelo de solicitude de licenza.
  4. Autorización de uso de imaxen

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...