lunes, 8 de diciembre de 2014

Lino López, o domingo en Carballo nas sesións da Aula Formativa

O actual adestrador do Universitario Ferrol en Liga Feminina, o galego Lino López súmase a nómina de técnicos que colaboran coa Federación Galega de Baloncesto na súa "Aula Formativa do Adestrador Galego"

O líder do banquiño no equipo da cidade departamental impartirá unha sesión no marco deste programa didáctico. A cita, coas “Obrigas dun base: comprensión e aplicación ao xogo” como núcleo temático, terá lugar o vindeiro 14 de decembro (17:00 h) na vila de Carballo.
Coa colaboración de EB Xiria, CB Artai e do Concello de Carballo a través de “Carballo Deporte”, abriranse as portas do Pavillón Zona Escolar para todos aqueles adestradores que desexen achegarse a participar de xeito activo da sesión de Lino.
Os interesados en asistir deberán cumprir o trámite previo da súa inscrición na actividade, enviando un email cos seus datos e título da charla a adestradores@fegaba.com.
Salientar a posibilidade para os alumnos dos Cursos de Adestradores da FGB de validar a súa participación nesta nova charla da Aula Formativa do Adestrador Galego por un total de 4 HORAS DE FORMACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...