miércoles, 11 de septiembre de 2013

Partidos para esta xornada


Arranca a edición da Copa Galicia para os tres equipos presentes neste torneo. Os tres debutan na casa, disputando os seus respectivos partidos en Carballo. Xunto a eles os infantiles, busacndo o ascenso á liga galega.
Abren a competición os alevíns de Jordi Iglesias que xogan o sábado ás 12:00 horas ante o Jesuitinas da Coruña no pavillón Bergantiños. Competición e formato novo de xogo onde os carballeses teñen un equipo moi novo (so un dos xogadores é alevín de segundo ano)

A mesma hora debutan os cadetes. Situados no grupo C, os de Joaquín Moreira debutan ante o Seis de Nadal, un dos equipos referentes a nivel galego no seu coidado e mimo coa canteira e cos xogadores máis novos. A cita no pavillón da Zona Escolar. Nas filas carballesas mantense o plantel da temporada pasada, coa incorporación de Alex Gesto, procedente do CB Laracha.

Media hora máis tarde, ás 12:30 horas e en Santiago, os infantiles de Diego Rivas afrontan os cuartos de final da fase de ascenso a categoría infantil. O rival, o “coco” da fase, o CB Culleredo, claro favorito para facerse cunha das dúas prazas de ascenso. O partido no pavillón compostelano de Lorenzo de la Torre.


Para o domingo ás 12:00 horas queda o debut do junior de Javier Cotelo. Os carballeses tamén xogan no pavillón da Zona Escolar e reciben o Porriño BB. Os carballeses afrontan o partido con moitas cara novas, pois estrénanse co equipo Xoel, procedente do Meco de O Grove, xunto a Darío e Alberto, ambos das escolas de Baio. 
EQUIPO
COMPETICIÓN
XORNADA
RIVAL
HORA
LUGAR
Junior
Copa Galicia
Porriño BB
Domingo 15/09/2013
12:00
Zona Escolar-Carballo
Cadete
Copa Galicia
Seis do Nadal-Vigo
Sábado 14/09/2013
12:00
Zona Escolar-Carballo
Infantil
Fase ascenso
Cuartos de final
CB Culleredo
Sábado 14/09/2013
12:30
Lorenzo de la Torre-Santiago
Alevín
Copa Galicia
Jesuitinas
Sábado 14/09/2013
Bergantiños-Carballo

2 comentarios: