lunes, 30 de mayo de 2016

Carballo acolle a fase final cadete masculina

O Club Baloncesto Artai será o club encargado da organización da fase final a catro da Copa Primavera en categoría cadete masculina.

A celebración da fase final da Copa Primavera cadete masculina celebrarase o domingo cinco de xuño de 2016 no pavillón da Zona Escolar de Carballo.

Os catro equipos clasificados despois da  eliminatoria de cuartos de final foron os seguintes:
-CB Cambre
-Maristas ( A Coruña)
-Santa María del Mar ( A Coruña)
-CB Artai

Os partidos seguirían o seguinte horario
-1ª semifinal: 10:00 horas-Santa María del Mar-CB Artai
-2ª semifinal: 12:00 horas-CB Cambre-Maristas
-Final: 17:00 horas






No hay comentarios:

Publicar un comentario