SELECCIÓN GALEGA MINI MASCULINA
Antón González Barca participou coa Selección Galega en categoría Mini Masculina ao Campionato de Seleccións Autonómicas en San Fernando, Cádiz dende o xoves dia 17 de marzo. Lembramos que os adestradores son os carballeses Javier Cotelo e Iván Villaverde, adestradores do equipo alevín e infantil do club, respectivamente.
A selección galega de Javier Cotelo e Iván Villaverde estivo encuadrada no grupo especial B, entre as dez mellores do país. Nesta primeira fase os galegos tiveron que xogar os catro partidos nos dous primeiros días do torneo e comezaban contra a potente selección de Cataluña, que o final sería subcampeona de España. Os resultados e a clasificación desta primeira fase foi a seguinte:
· Galicia,19-Cataluña, 69
· Galicia,54-Andalucía,86
· Galicia, 75 Baleares, ,63
· País Vasco,76-Galicia,44
CLASIFICACIÓN
P.J P.G P.P P.F P.C PTO R.
1 CATALUÑA 4 4 0 295 165 8 +4
2 ANDALUCIA 4 3 1 303 210 7 +1
3 PAIS VASCO 4 2 2 270 266 6 -1
4 GALICIA 4 1 3 192 294 5 -1
5 BALEARES 4 0 4 154 279 4 -4
O quedar cuartos de grupo, Galicia xogábase o non descender do grupo especial contra Murcia ,quinta clasificada no outro grupo .Os xogadores de Cotelo gañaban nese partido crucial cun bo nivel de xogo.
A expedición chegará a Galicia mañán xoves despois de estar toda a semana en San Fernando (Cádiz).
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario