miércoles, 16 de marzo de 2016

Antón González, Javier Cotelo e Iván Villaverde coa selección galega en San Fernando (Cádiz)

SELECCIÓN GALEGA MINI MASCULINA

Antón González Barca foi seleccionado para acudir coa Selección Galega en categoría Mini Masculina ao Campionato de Seleccións Autonómicas que terá lugar en San Fernando, Cádiz dende o xoves dia 17 de marzo ata o xoves día 24 de marzo de 2016. Lembramos que os adestradores son os carballeses Javier Cotelo e Iván Villaverde, adestradores do equipo alevín e infantil do club, respectivamente.

Todos os xogadores convocados están citados ás 21:45 h no Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 16 Santiago de Compostela.O Campionato para a que todos os xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada, rematará ás 6.00 h do xoves dia 24 de marzo, horario establecido para poder recoller aos xogadores no citado Estadio Multiusos.

O calendario da primeira fase para a selección galega ten catro partidos dos seguintes horarios:
·        Galicia-Cataluña, o sábado 19 de marzo ás 11:30 horas en Parque 2
·        Galicia-Andalucía, o sábado 19 de marzo ás 19:30 horas en Parque 2
·        Galicia-Baleares, o domingo 20 de marzo ás 11:30 horas en Compañía de María
·        País Vasco-Galicia, o domingo 20 de marzo ás 19:30 horas en Parque 1
En función dos resultados, o martes e o mércores serían os partidos dos cruces pois a selección galega descansa na xornada do luns.






.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...