miércoles, 23 de mayo de 2012

O sábado, todos ó pavillón Bergantiños


O  sábado, día 26 de maio, os equipos infantil e cadete masculino xóganse o ascenso á liga galega no pavillón Bergantiños de Carballo.


O horario é o seguinte:

  • Infantil masculino: CB Artai-Mercedarias de Ferrol  ás 18:00 horas
  • Cadete masculino: CB Artai-SantYago ás 20:00 horas
 Para os cadetes as matemáticas da última xornada son fáciles;  gañar por máis de sete ó seu rival. Deste modo,o  conxunto cadete acadaría o ascenso a liga galega, sendo o segundo equipo do club que o fai, tras o equipo junior que o facía a mediados do mes de abril.

Máis combinacións ten o equipo infantil; os de Cotelo teñen que gañar ó seu rival do sábado, o Mercedarias de Ferrol e esperar que o Carballo Básquet faga o propio contra Peleteiro. Hai un problema: os xogadores de Javier xogan o sábado e o partido entre Carballo Básquet e Peleteiro é o domingo pola mañán polo que a incerteza vai a durar un puco máis.

Dada a trascendencia da xornada, o club vai a movilizar a todolos alumnos do colexio para dar cor a grada do pavillón Bergantiños. Esperase unha gran afluencia de público para unha das xornadas máis importantes na historia do baloncesto do club.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...