domingo, 20 de mayo de 2012

Derrota dos infantiles en Peleteiro


FASE ASCENSO INAFTIL MASCULINO-XORNADA 5


PELETEIRO, 71-CB ARTAI, 64


CB Artai: Diego Mallo (28), Aítor (6),Alex (9), Sergio (4), Andrés (4)-cinco inicial-Fidi(6),Santi (2), Antonio (5) e Pablo.


Incidencias: Boa entrada de aficionados nas gradas do colexio compostelano para ver o partido que podía decidir o ascenso de categoría. Gañaron os de Trías nun partido loco, cheo de alternativas e na que se puideron dar todas as opcións posibles. Comezaron moito mellor os de Carballo; os xogadores de Cotelo controlaron o xogo e o tempo do partido nun primeiro cuarto de fábula, ó que se chegaba cun parcial de 12 a 25. Boa defensa, ataques rápidos e acerto dende a liña de persoal foron as claves deste comezo .Pero no segundo cuarto mudaron as cousas, entre outras cousas polo problema de persoais que comezaban a ter os de Carballo ( Cotelo remataba o cuarto con tres, ó igual que Andrés e unha máis sumaba Aítor). Con todos os xogadores interiores cargados de faltas, os locais apretaron e subiron un punto a súa defensa, dándolle a volta ó partido.
No terceiro parcial, seguiron apretando os locais e as diferenzas comezaban a ser preocupantes para os de Cotelo; ata de once chegaron a ir gañando, o cal supoñía que o ascenso era para os de Trías. Pero neses malos momentos, aguantaron os de Carballo e deixaban todo para o último cuarto.
Si os tres anteriores non foron aptos para enfermos do corazón, o último xa foi o non vai máis; pudieron ascender os locais, que durante varios minutos superaban ese límite de oito puntos, pero tamén puideron gañar os de Cotelo, que a falta de menos de dous minutos poñíanse un arriba (63-64). Pero un par de erros nos ataques e o acerto dende a liña de persoal dos de Trías deixaban todo por decidir na vindeira xornada. Teñeno nas súas mans os de Santiago;si vencen en Carballo, acadan o ascenso. Para os de Cotelo é un pouco máis difícl, teñen que gañar a Mercedarias e esperar a ver o que fan os de Peleteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...