jueves, 24 de mayo de 2012

Colboración coa FEGABA e co CB Baio na xornada de hoxe


A Delegación de A Coruña, en colaboración directa cos responsables deportivos do Club Baloncesto Baio e do CB Artai abrirán este xoves, 24 de maio, as portas do seu traballo a todos aqueles nenos e nenas en idades alevín, benxamín,infantil e cadete que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Baio para unha Xornada de Tecnificación.
A Delegación contará para esta ocasión coa presenza e apoio en pista dos adestradores de ambos os clubes indicados. Eles serán os encargados de guiar a convocatoria en horario  de 18:30 h a 20:30 h  para todo o abano de  categorías.

A sinerxía establecida pola Delegación co persoal e coa dinámica de traballo de Concello de Baio, C.B. Baio e C.B. Artai servirá como acicate para que os participantes nesta sesión vespertina de tecnificación sean testemuña, en primeira persoa, dos esforzos que se están a a realizar nesta zona con respecto a mellora técnica dos xogadores máis novos.

A Convocatoria realízase de xeito aberto, convidando a todos os rapaces e rapazas das zonas limítrofes a aproveitar esta oportunidade de seguir aprendendo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...