sábado, 26 de marzo de 2011

Dúas victorias e dúa derrotas na mañán do sábado

Dúas victorias e dúas derrotas, balance do sábado. Gañaron os seus partidos os equipos que xogaron en Carballo e perderon os dous equipos que viaxaron a Coruña. Nunha mañán moi intensa, polo medio, a concentración da seleción galega alevín no pavillón Bergantiños.
Aquí vos deixo as fotos da mañán de hoxe


LIGA 1ª DIVISIÓN PROVINCIAL CADETE MASCULINO-Xornada 15

CB Artai A, 75-Maristas, 68

Incidencias: Partidazo o visto na mañán do sábado no pavillón da Zona Escolar. O equipo de Diego Rivas tivo que sudar tinta china para sumar unha victoria que se lle puxo moi difícil no primeiro cuarto e que parecía encarrilada no terceiro. Empezou o partido con moita intensidade o equipo carballés, cun parcial de 4-0, cunha defensa moi dura e de non ser os erros nos tiros libres (José Manuel errou os seus primeiros sete) podían deixar moi claro o marcador. Pero tras ese inicio asentaronse os coruñeses e pouco a pouco o partido entrou nunha dinámica de intercambio de canastas co que se chegou o descanso (35-30). O terceiro foi do bando local, que se despegou e foise no marcador ata acadar os 18 puntos de diferencia (56-38) e coa sensación de que o partido xa rematara. Pero nada máis lonxe da realidade; os coruñeses, nun visto e non visto, endosabanlle un parcial de 0-10 en menos dun minuto o que obliga a solicitar un tempo morto a Diego. Unha canasta de Carlos Fuentes e un par de roubos de balón de Marinhovic, daban algo de aire ós locais. Pero non era dabondo; outra carga do rival, con dous triples deixaban o partido aberto a falta de menos de dous minutos (71-65). Pero o control no xogo dos carballeses e o cansancio no seu rival deixou a victoria en Carballo


LIGA 1ª DIVISIÓN• INFANTIL MASCULINO-Xornada 11

CB Artai A, 50-CB Culleredo,40

Incidencias: Bo partido dos xogadores de Cotelo, quen para este encontro non convocou nin a Jorge, nin a Xabi nin a Manu, convocados co equipo cadete. O resto dos xogadores, dunha forma coral, tiveron que dar o mellor de si mesmos para levar a victoria e seguir unha semana máis como invictos. Menció nespecial para Jaime, autor de 22 puntos e para Marcos, con 17.


LIGA BENXAMÍN• PROVINCIAL MIXTO-7ª xornada segunda fase

CBC 25-Artai C,13

Incidencias: Nova derrota do equipo prebenxamín, que pese a todo segue mellorando día a día no seu xogo.

LIGA BENXAMÍN• PROVINCIAL 1ª DIVISIÓN-Xornada 3-Terceira fase

Obradoiro,59-CB Artai A,45

Incidencias: Terceira xornada e terceira derrota do equipo de Villaverde, ante un Obradoiro que lle ten collida a medida ós carballeses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...