
LIGA PROVINCIAL ALEVÍN-XORNADA 16
Xiria Librería Brañas, 75-CB Artai, 40
Derrota clara do equipo de Joaquín, nun derbi que contou cunha gran cantidade de aficionados no pavillón Bergantiños de Carballo. Excelente partido dos xogadores de Latasa que pasaron por encima dos colexiais, que so aguantaron o primeiro cuarto (12-12). A partires dese momento, os xogadores de Xiria demostraron unha gran superioridade sobre o seu rival, dominando todas as facetas do xogo e cun gran acerto no tiro.
Con este resultados quedan case definidas as tres prazas que permiten xogar a liga galega aínda que non o orden dos equipos: Vales Villamarín, Básquet Coruña e Xiria Librería Brañas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario