LIGA 1ª DIVISIÓN• INFANTIL MASCULINO-FASE FINAL
Domingo 13/03/2011 –
3º e 4º posto
LICEO LA PAZ A , 28- CB Arteixo Valoriza, 32
Parciais: 8-14; 9-8;9-4;2-6
Liceo La Paz (8+9+9+2):Fernández (3),Docampo( 7), Ferro (2), González (12), Verea( 2)-cinco inicial-Ramallo, Fresno , Coras (2)e Fresno
CB Arteixo Valoriza (14+8+4+6): Cruz,Pazos (5), Sánchez (15), Regueiro (5), Vidal (1)-cinco inicial-Rodríguez (0), Márquez (2), Sedne, Díaz (4) e Villares
Árbitros: Jorge Blanco e Collazo. Ben, sancionaron con 16 faltas ós liceitas e con 15 ós arteixáns. Eliminado por faltas Verea do Liceo
Incidencias: Partido de consolación do torneo entre dous equipos máis pendentes de voltar á liga que nesta fase. O máis destacado, a melloría do equipo de Alex, que lle plantou cara ós arteixáns. O peor, o resultado tan baixo
FINAL
ARTAI A, 80 – GAYOLO BEGACAR, 64
Parciais: 27-20; 17-20; 24-4;12-20
Artai A (27+17+24+12): Jaime( 9), Marcos (9, 1 triple), Jorge (36, 2 triples), Manu (3), Xabi (19)-cinco inicial-Alex, César, Dani (2),Aítor, Andrés, Diego, Sergio (2)
Gayolo Begacar (20+20+4+20):Guitián (2), Gómez (4),Vidal (16), Dani (16, 1 triple),Raíces ((22)-cinco inicial-Carregal, Miramontes (2), Arenas (2), Coelho e Lousa.
Árbitros: Blanco e Collazo. Ben. Sancionaron con 17 faltas ós locais e con 11 ós visitantes. Sen eliminados.
Incidencias: Espectacular ambinete nas gradas do pavillón carballés para asistir a gran final da fase infantil, con máis de douscentos aficionados e con moitos chegados dende Betanzos.
Partido moi disputado, pese o que reflexa o marcador, pois na primeira parte o marcador sinalaba un axustado 44 a 40. Neses dous primeiros cuartos, os xogadores de Jorge Iglesias aproveitaronse dos bo xogo do seu base, Dani Martín e sobre todo do dominio baixos os aros de Raíces (16 puntos na primeira metade) para evitar que os xogadores de Cotelo se fosen no marcador. O alto ritmo de xogos dos carballeses, liderados por un maxistral Jorge Guillamet, permitialles anotar con facilidade. Pero todo o qe gañaban en ataque perdíano en defensa, con moitos desaxustes na presión. Pero opaso polos vestiarios serviu para que os carballeses apretasen un pouco máis esa defensa presionante. Con esa defensa, os betanceiros viron como se lles escapaba o partido, o enciaxar un parcial de 24 a 4, que deixaba sen historia o último parcial.
O final festa total no pavillón, que inclui a tradicional ducha do adestrador; Javier Cotleo non se salvou da molladura
CUADRO FINAL
Campión: CB Artai A
Subcampión: Gayolo Begacar
3º clasificado: CB Arteixo
4º clasificado: Liceo La Paz
Mellor xogador do torneo: Jorge Guillamet do CB Artai
No hay comentarios:
Publicar un comentario