domingo, 9 de marzo de 2014

Derrota dos junior no derbi ante Básquet Coruña:76 a 64

LIGA GALLEGA JUNIOR MASCULINA-JORNADA 16

BÁSQUET CORUÑA, 76-CB ARTAI,64


Parciais 18-15, 38-29, 52-47 e 76-64
Árbitros. Blanco e Feijoo os colexiados estiveron moi ben, o mellor arbitraxe da tempada, 22 faltas os locales e 21 os visitantes, sendo eliminado Escobar por 5 faltas no último cuarto.
BÁSQUET CORUÑA: Bello 10, Pizarro 6, Montero 4, Vidal 23 e Arcas QUINTETO INICIAL Albo 4, Reinoso 3(1T) Justo 2, Escobar 24, Corrochano e Silvarrei
CB ARTAI: Carlos 14 (1t), Marcos 4 (1t), Jaime 4, Jorge 12 (1t) y Xabi 20 (1t) QUINTETO INICIAL Alberto, Pablo 0, Dani 0 e Manu 9 (1t)


Partido complicado para os carballeses que se enfrontaban o terceiro clasificado e un dos equipos mais altos da liga, pero os xogadores souberon salvar as diferencias físicas cunha entrega na pista total, facendo una gran defensa colectiva evitando nos dous primeiros cuartos que os xogadores locales puidesen anotar con facilidade dende a pintura, ademais isto viuse acompañado de un xogo dinámico e alegre en ataque conseguindo xogadas onde tódolos xogadores participaban e escollendo moi ben os tiros.
O partido foi igualado e incluso os carballeses estiveron sete puntos por riba 20-27 no segundo cuarto, pero as faltas e a falta de rotacións dos carballeses fixeron que baixara o rendemento defensivo cousa que aproveitaron os locais para lograr un parcial de 16-2 que foi unha lousa moi importante difícil de recuperar.

No terceiro cuarto igualouse de novo o encontro 45-45, pero a partir de ese momento os locais impuxeron o seu poderío baixo os taboleiros da man de Fernando Vidal e Martín Bello. No último e derradeiro cuarto os colexiales puxéronse a 4 puntos pero de novo o poder no rebote ofensivo dos coruñeses propiciaba un novo parcial de 8-0 que xa foi definitivo, bo encontro de baloncesto por ambos equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...