Mostrando entradas con la etiqueta Javier Cotelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Javier Cotelo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de julio de 2022

Javier Cotelo non seguirá no club para a temporada 2022/2023

 

NOTA DE PRENSA


Importantes os cambios que afronta o CB Artai na súa vixésima segunda temporada de historia. con importantes variacións na faceta deportiva. Deste xeito, o carballés Javier Cotelo Rama (Carballo, 1971) non continuará  no clube do que levaba formando a temporada 2009. O técnico, que a pasada temporada foi o encargado do equipo junior e mini masculino remata a súa vinculación co club colexial despois de trece temporadas e cunha labor formativa excepcional e tamén com moitos éxitos , sendo os mais destacados o campeonato de Copa Galicia co equipo infantil, campeón da Copa Coruña co equipo mini, quinto posto co equipo cadete na liga galega, ascensos a primeira división, campeonatos de segunda división,...variedade de éxitos deportivos durante estas temporadas onde ademais foi quen de compatibilizar a súa labor como técnico con outras moitas actividades, como adestrador das seleccións galegas, asambleísta da FEGABA,organizador de clínics,...


Dende o club e dendê a Dirección do CPR Plurilingüe Artai agradecemos o seu traballo durante todos estes anos e desexamos como mínimo os mesmos éxitos que tivo no club e tamén toda a sorte do mundo nos seus novos proxectos.

lunes, 29 de octubre de 2018

JAvier Cotelo coa selección galega Mini Masculina os días 3 e 4 de novembro


  • SELECCIÓN GALEGA MINI MASCULINA
Javier Cotelo Rama, máximo responsable da Selección Galega Mini Masculina ten traballo para a ponte de Difuntos pois ten doble sesión de adestramentos coa selección galega, os días 3 e 4 de movembro na zona do Barbanza..
A primeira concentración concentración terá lugar en Portosín o día 3 de novembro (sabado) no Pavillón David Vidal.Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no pavillón de adestramentos. Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h.. A concentración rematará ás 18:30 horas do sábado A segunda  concentración  terá lugar en Noia o día 4 de novembro (domingo) no Pavillón Alonso Rodríguez.Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no pavillón de adestramentos. Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h.. A concentración rematará ás 18:30 horas do domingo

jueves, 16 de agosto de 2018

Javier Cotelo sigue como seleccionador galego mini masculino

JAVIER COTELO RAMA, adestrador do CB Artai dende fai dez temporadas, foi proposto por parte da Área Deportiva da FGB para formar parte do corpo técnico da Selección Galega na categoría Mini Masculina na temporada 2018-2019,incorporándose dende este momento ao novo posto.
A actividade comezará en breve e alcanzará ata a celebración do Campionato de España da súa categoria no mes de abril do 2019.

Será a terceira temporada consecutiva na que o adestrador carballés asuma dito cargo.

jueves, 17 de mayo de 2018

Javier Cotelo, nominado os VI Premios Zona Press

VI PREMIOS ZONA PRESS
O adestrador do noso equipo infantil, Javier Cotelo Rama, está nominado os VI Premios Zona Press na categoría de mellor técnico en  categoría de formación pola revista Zona Press. Competirá por ese posto con Ángel Castro, adestrador do Rosalía, con Nacho Sila do Celta e con Nacary Rojas do Bosco Salesianos
A gala terá lugar o 26 de maio na Estrada, ás 20:30, no auditorio da Academia Galega de Seguridade Pública. Non será o único carballés pois na categoría de mellor árbitro está tamén na lista Daniel Pazos.
Estes son @s finalistas. 
  • Técnico máis destacado no Baloncesto de Formación:

Ángel Castro (Rosalía)
Javier Cotelo (Club Baloncesto Artai)
Nacho Silva (Celta)
Nacary Rojas (Bosco Salesianos)
  • Xogador máis destacado no Baloncesto de Formación:

Martín Iglesias (Porriño Baloncesto)
Jens Kjaersgaard (Club Baloncesto Tui)
Lucas Álvarez (Estudiantes de Lugo)
Simón Bermúdez (Santiago Apóstol).
  • Xogadora máis destacada no Baloncesto de Formación:

Clara Prieto (Bosco Salesianos)
Noa Comesaña (Celta)
Marta Sanmartín (Peixe Marín)
Sara González (Estudiantes de Lugo)
  • Mellor estranxeira dun equipo galego

Rachael Vanderwal (Universitario Ferrol).
Jamie Scott (Universitario Ferrol)
Minata Keita (Celta).
Alexis Prince (Universitario Ferrol)
  • Mellor estranxeiro dun equipo galego

Matt Thomas (Obradoiro)
Zach Monaghan (Básquet Coruña)
Salvador Zavala (Amfiv)
Matthew Stainbrook (Breogán)
  • Mellor promesa galega feminina

Esther Castedo (Ensino)
Paula Ginzo (Estudiantes)
Raquel Carrera (Celta)
Blanca Millán (Universidade de Maine)
  • Promesa galega masculina

Samuel Antón Barros (Xuven Cambados).
Álex Mazaira (Manresa)
Pablo Ferreiro (Básquet Coruña)
Jonathan Barreiro (Baloncesto Zaragoza)
  • Mellor Xogador dun equipo galego

Ricardo Úriz (Breogán)
Salva Arco (Breogán)
Lorenzo Envo (Amfiv)
Nacho Llovet (Obradoiro)
  • Mellor xogadora dun equipo galego

Bea Sánchez (Uni Ferrol)
Itziar Germán (Celta)
Anne Senosiain (Celta)
Raquel Asensio (Ensino)
  • Mellor árbitro

Daniel Pazos
Paula Lema
Guillermo Ríos
Patricia Díez
  • Mellor técnico dun equipo galego

Lino López (Universitario Ferrol)
Natxo Lezkano (Breogán)
Cristina Cantero (Celta)
Moncho Fernández (Obradoiro)
  • Mellor xogadora galega

-Tamara Abalde (Mann Filter)
María Pérez Araújo (Universitario Ferrol).
Sara Gómez (Cortegada).
- Regina Gómez (Ensino)
  • Mellor xogador galego

Fran Vázquez (Tenerife)
Alberto Abalde (Valencia Básquet)
Agustín Alejos (Amfiv)
Sergi Quintela (Breogán)

jueves, 22 de marzo de 2018

Javier Cotelo con la selección gallega mini rumbo a San Fernando


SELECCIÓN GALEGA MINI MASCULINA-CAMPEONATO DE ESPAÑA

Hoy  por la noche parten para San Fernando (Cádiz) las selecciones gallegas mini masculina y femenina para participar en el Campeonato de España que se desarrollará en esta ciudad gaditana desde el sábado 24 de marzo hasta el miércoles día 28
En la expedición gallega viajan tres carballeses que representan al Club Baloncesto Artai a Carballo Basket; el jefe de la expedición será Javier Cotelo, primer entrenador del equipo masculino y que este año lleva como jugadores al larachés Mateo Cambón y al también carballés, Jacobo Díaz.
Los gallegos están incluidos en el grupo especial B junto a las selecciones de Madrid, Castilla-León, Murcia y Andalucía
Su calendario es el siguiente:
Sábado 24/03-09:30 Colegio Compañía de María-GALICIA – Madrid
Sábado 24/03-17:30 Colegio Compañía de María-GALICIA – Castilla-León
Domingo 25/03-19:30 Colegio Compañía de María-GALICIA - Murcia
Lunes 26/03-09:30 Bahía Sur-GALICIA - Andalucía
A partir del martes se disputan los cruces dependiendo de los resultados del grupo.
Más información en:
http://www.fegaba.com/actualidade/seleccions/item/2738-seleccions-galegas-ultimo-adestramento-mini-en-terras-galegas


martes, 13 de marzo de 2018

Javier Cotelo nunha das últimas sesións antes do Campeonato de España

A Selección Galega en categoría Mini Masculina terá unha das súas últimas concentracións antes do Campeonato de España que terá lugar en Semana Santa na concentración que terá lugar en A Estrada o día 18 de marzo (domingo) no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro. O adestrador encargado é o adestrador do noso equipo infantil, Javier Cotelo.
Por outro lado a Federación Galega de BAloncesto realizará a reunión cos pais/nais/titores das convocadas antes de acudir ao Campionato de España para o que os emplazamos a acudir a dita reunión ao levar as suas fillas ao adestramento, na reunión que se celebrará ás 9:45h estarán presentes o Director Deportivo da FGB, a Secretaria Xeral e a Responsable da Area da Salud da FGB.  A concentración rematará ás 18:30 horas.

miércoles, 7 de marzo de 2018

Javier Cotelo, coa selección galega no Torneo de Miranda de Ebro

A menos de un mes de afrontar o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas os  combinados galegos masculino e femenino viaxarán esta mesma fin de semana a localidade de Miranda de Ebro para formar parte, un ano máis; do Torneo Minibasket “Miranda de Ebro”, cita que organizan man a man este concello e a Federación Autonómica de Castilla León. A expedición galega masculina estará comandada polo carballés Javier Cotelo,como adestrador principal
O calendario do torneo é o seguinte:
TORNEO SELECCIÓNS MINIBASKET “MIRANDA DE EBRO”
10 - 11/03/18 - CALENDARIO
Minibasket masculino
 Sábado 10/03/18
(16:00 h) Castilla León - Galicia
Domingo 11/03/18
(11:30 h) Euskadi - Galicia
(15:45 h) Galicia - Asturias


martes, 6 de febrero de 2018

Javier Cotelo, coa selección galega mini no V Torneo Concello de Marín

O noso adestrador do equipo infantil Javier Cotelo Rama (Carballo, 1971) será outro ano máis o encargado da selección de minibásquet que loitará no Campeonato de España do vindeiro mes de marzo .A selección ultima a súa preparación cos últimos adestramentos e torneos tendo este fin de semana de Entroido unha boa proba na localidade pontevedresa de Marín onde se celebra o V Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket e onde compite Galicia, Castilla-León, Asturias e Euskadi.Na selección galega tamén aparecen dous xogadores da comarca,o carballés Jacobo Díaz Rey e o larachés Mateo Cambón Domíguez, ambos do EB Xiria. O calendario do torneo aparece na imaxen inferior.


Javier Cotelo volve a ser o adestrador encargado desta selección sendo a segunda temporada consecutiva na que ocupa tal cargo. É, sen dúbidas o mellor adestrador de baloncesto da comarca e foi tamén seleccionador galego en categoría cadete masculina fai seis  temporadas. Na actualidade é o adestrador do equipo senior do CB Laracha (vai terceiro na súa liga), adestrador do equipo infantil masculino do CB Artai (líder invicto tras doce xornadas) e primeiro adestrador da selección galega mini ademáis dun dos impulsores da asociación +Talento.

jueves, 29 de junio de 2017

Javier Cotelo seguirá como adestrador Mini Masculino para a temporada 2017/2018


Temos que felicitar novamente a JAVIER COTELO RAMA foi proposto por parte da Área Deportiva da FGB para formar parte do corpo técnico da Selección Galega na categoría Mini Masculina na temporada 2017-2018, incorporándose dende este momento ao novo posto. 

A actividade comezará en breve e alcanzará ata a celebración do Campionato de España da súa categoria no mes de marzo do 2018. 

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...