NOTA DE PRENSA
Importantes os cambios que afronta o CB Artai na súa
vixésima segunda temporada de historia. con importantes variacións na faceta
deportiva. Deste xeito, o carballés Javier Cotelo Rama (Carballo, 1971) non
continuará no clube do que levaba formando
a temporada 2009. O técnico, que a pasada temporada foi o encargado do equipo
junior e mini masculino remata a súa vinculación co club colexial despois de
trece temporadas e cunha labor formativa excepcional e tamén com moitos éxitos
, sendo os mais destacados o campeonato de Copa Galicia co equipo infantil,
campeón da Copa Coruña co equipo mini, quinto posto co equipo cadete na liga
galega, ascensos a primeira división, campeonatos de segunda división,...variedade
de éxitos deportivos durante estas temporadas onde ademais foi quen de
compatibilizar a súa labor como técnico con outras moitas actividades, como
adestrador das seleccións galegas, asambleísta da FEGABA,organizador de
clínics,...
Dende o club e dendê a Dirección do CPR Plurilingüe Artai agradecemos o seu traballo durante todos estes anos e desexamos como mínimo os mesmos éxitos que tivo no club e tamén toda a sorte do mundo nos seus novos proxectos.