Mostrando entradas con la etiqueta Mateo Cambón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mateo Cambón. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de octubre de 2021

Mateo Cambón e Roi Vega nas convocatorias das preseleccións galegas, este fin de semana en Marín

 

CONVOCATORIAS PRESELECCIÓNS GALEGAS


 

  • Mateo Cambón Domínguez, do equipo de Artai, Turismo Carballo, , foi seleccionado para acudir coa Preselección Galega en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Marín os días 31 de outubro e 1 de novembro (domingo e luns) na Residencia San Narciso. Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no Pavillón da Raña . Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h os dous días. A concentración rematará ás 18:30 horas do luns dia 1 de novembro.
  • Tamén terá concentración pero neste caso como adestrador da preselección galega cadete femenina o adestrador do club, Roi Vega Torreira.Será a mesma sede e os mesmos días que Mateo.


viernes, 17 de septiembre de 2021

Primeiro partido oficial para os junior de Turismo Carballo e convocatorias preseleccións galegas

 

EQUIPO

Competición

Xornada

Rival

Lugar

Día/hora

Protocolo COVID

Turismo Carballo

Junior masculino

Fase ascenso 1ª

Bosco Salesianos

Ourense

Vila de Noia

Carballo

18/09/2021

12:00

Con rexistro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 













CONVOCATORIAS PRESELECCIÓNS GALEGAS

  • Mateo Cambón Domínguez, do equipo de Artai, Turismo Carballo, , foi seleccionado para acudir coa Preselección Galega en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Marín os días 18 e 19 de setembro (sábado e domingo) na Residencia San Narciso. Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no Pavillón da Raña (R/Recamán, 26). Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h os dous días. A concentración rematará ás 18:30 horas do domingo dia 5 de setembro.
  • Tamén terá concentración pero neste caso como adestrador da preselección galega cadete femenina o adestrador do club, Roi Vega Torreira.Será a mesma sede e os mesmos días que Mateo.

viernes, 2 de julio de 2021

Mateo Cambón Domínguez convocado coa selección española U15

 


CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA U15

 

Mateo Cambón Domínguez, do equipo cadete de Artai Turismo Carballo, foi seleccionado para acudir coa selección española U15 en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Azuqueca de Henares dende o luns 12 ata o sábado 17 de xullo. A mellor noticia para despedir esta temporada para o club pois tratase dunha convocatoria coa selección nacional. Mateo é o terceiro xogador das nosas comarcas en ser convocado co combinado nacional despois do tamén larachés José Ramón Esmorís, “Peli” e o cercedense Jonathan Barreiro ,quen por certo, acaba de ser fichado polo Unicaja de Málaga.


Mateo leva as dúas últimas temporadas no CB Artai, a pasada temporada no equipo infantil e tamén no cadete, baixo a dirección de Diego Rivas e esta temporada no equipo cadete de Javier Cotelo. Habitual das seleccións galegas ,engade o seu currículo esta convocatoria coa selección española. Lembramos tamén que na pasada temporada estivo a un paso de fichar polo Joventut de Badalona e incluso o FC Barcelona se interesou por él.


viernes, 18 de junio de 2021

O larachés Mateo Cambón Domínguez, do Turismo Carballo, convocado coa preselección cadete galega de baloncesto

 CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA


Mateo Cambón Domínguez, do equipo cadete Turismo Carballo, foi seleccionado para acudir coa preselección Galega en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Marín os días 26 e 27 de xuño (sábado e domingo) na Residencia San Narciso.

Todos os xogadores convocados están citados ás 09:00 hrs. No Pavillón de San Narciso. A recollida será o domingo 27 de xuño ás 18:30h. Os adestramentos serán os dous dias de 10 a 12 e de 16 a 18h.

 A concentración rematará ás 18:30 horas do domingo dia 27 de xuño.

martes, 7 de enero de 2020

Noraboa a Mateo Cambón Domínguez pola súa participación no Campeonato de España en Huelva


SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA





Mateo Cambón Domíguez, larachés, e xogador do equipo infantil Carnicería Daniel Artai participou coa Selección Galega en categoría Infantil Masculina no Campeonato de Seleccións Autonómicas que tivo lugar en Huelva dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2020. Inmellorable a traxectoria do combinado galego, vencedor nos seis partidos xogados o que lles permitiu o ascenso a categoría especial para o ano 2021. Os resultados foron os seguintes (pódense consultar as estadísticas picando no marcador)

  • Venres 3 de xaneiro no pavillón Plus Ultra de Palos contra Castela-A Mancha ás 13:30 horas. Victoria por54-94. Foi o mellor partido de Mateo, sendo o máximo anotador do partido con 15 puntos.
  • Sábado 4 de xaneiro no pavillón Cortés Medina de Lepe contra País Vasco ás 17:30 horas.Victoria por 81-47
  • Domingo 5 de xaneiro no pavillón Cortes Estrada Huelva dous partidos; ás 11:30 horas contra Ceuta con victoria por 4-55 e ás 19:30 horas contra Melilla.Victoria por 80-41
Nas semifinais polo ascenso ó grupo especial (as oito mellores seleccións) venceron a Extremadura por 67-48 o luns seis de xaneiro e na final, disputada o martes día 7,  gañaron a Murcia por 80-66.

















domingo, 22 de diciembre de 2019

Mateo Cambón do equipo infantil estará coa selección galega no Campeonato de España de Huelva


SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA

Mateo Cambón Domíguez, larachés, e xogador do equipo infantil Carnicería Daniel Artai foi seleccionado para acudir coa Selección Galega en categoría Infantil Masculina ao Campionato de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Huelva dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2020. Son doce os integrantes do combinado galego pero él será o único elexido de toda a Delegación Coruñesa.
 Todos os xogadores convocados están citados ás 23:15h do mercores 1 de xaneiro para aqueles que se integren ao grupo de viaxe en Santiago. A concentración rematará ás 06:00h.00 do mercores dia 8 de xaneiro O aloxamento en Huelva correrá a cargo da FGB e a faremos no Hotel Barceló Punta Umbría Beach Resort.
O calendario dos partidos será o seguinte:
  • Venres 3 de xaneiro no pavillón Plus Ultra de Palos contra Castela-A Mancha ás 13:30 horas
  • Sábado 4 de xaneiro no pavillón Cortés Medina de Lepe contra País Vasco ás 17:30 horas.
  • Domingo 5 de xaneiro no pavillón Cortes Estrada Huelva dous partidos; ás 11:30 horas contra Ceuta e ás 19:30 horas contra Melilla.
  • O resto do calendario dependerá dos resultados desta primeira fase.
Os xogadores convocados son os seguintes:
Delegación Club Xogador/a
Coruña CB Artai Mateo Cambón Domínguez
Ferrol Basket School André Romero Veiga
Ferrol AD Santiago Apóstol Pablo Fuertes Leonardo
Lugo Estudiantes Lugo Diego Serguei Maseda Soilán
Lugo Maristas Lugo Julián Longarela López
Santiago Obradoiro CAB Alfie Rivas Arias
Santiago Fedesa Luis López Gamundi
Arousa CB Peixegalego Nicolás Parada Méndez
Arousa CB Peixegalego Gabriel Tomé Vidal
Arousa Basket Base Club Rodrigo Varela Barral
Ourense ED Ourense Martín Álvarez Hernán
Vigo Porriño BB Jorge Lorenzo Lago
CORPO TÉCNICO
Adestrador Estudiantes Lugo Javier Peino Souto
Axudante C.B. Seis do Nadal Sergio González Larrañaga
Delegado Santo Domingo Betanzos Xoel Folgueiras Arias

martes, 17 de diciembre de 2019

Dúas novas convocatorias para Mateo Cambón antes do Campeonato de España


  • SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA
O larachés Mateo Cambón Domínguez, xogador do equipo infantil masculino e que tamén xoga no cadete masculino, terá dúas novas convocatorias coa selección galega antes do Campeonato de España en Huelva (del 3 al 7 de enero). Son as seguintes:
a)       A primeira terá lugar A Estrada o día 22 de decembro (domingo) no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro na zona deportiva de A Estrada. Todos os xogadores convocados están citados ás 09:00 hrs. no citado Pavillón. Os adestramentos serán de 9:30h a 10:45h e de 11:30h a 12:15h e de 16h a 18h. A manutención correrá por conta da FGB no Restaurante Orly ás 13:30h.. A concentración rematará ás 18:30 horas do mesmo domingo.
b)      A segunda terá lugar en A Estrada os días 27-28 de decembro no Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada. Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no pavillón de adestramentos. Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h os dous dias. Todos os xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada. A manutención e aloxamento correrá a cargo da FGB na Academia Galega de Seguridade Publica(Agasp). A concentración rematará ás 18:30 horas do sábado dia 28 de decembro.


Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...