viernes, 2 de julio de 2021

Mateo Cambón Domínguez convocado coa selección española U15

 


CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA U15

 

Mateo Cambón Domínguez, do equipo cadete de Artai Turismo Carballo, foi seleccionado para acudir coa selección española U15 en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Azuqueca de Henares dende o luns 12 ata o sábado 17 de xullo. A mellor noticia para despedir esta temporada para o club pois tratase dunha convocatoria coa selección nacional. Mateo é o terceiro xogador das nosas comarcas en ser convocado co combinado nacional despois do tamén larachés José Ramón Esmorís, “Peli” e o cercedense Jonathan Barreiro ,quen por certo, acaba de ser fichado polo Unicaja de Málaga.


Mateo leva as dúas últimas temporadas no CB Artai, a pasada temporada no equipo infantil e tamén no cadete, baixo a dirección de Diego Rivas e esta temporada no equipo cadete de Javier Cotelo. Habitual das seleccións galegas ,engade o seu currículo esta convocatoria coa selección española. Lembramos tamén que na pasada temporada estivo a un paso de fichar polo Joventut de Badalona e incluso o FC Barcelona se interesou por él.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...