viernes, 23 de julio de 2021

O Turismo Carballo recibirá o luns o trofeo de subcampión galego de 3ª división


O equipo senior masculino, Turismo Carballo Artai Xiria, recibirá o luns 26 de xullo ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Carballo o trofeo que o acredita como sucampión galego de 3ª división masculina da temporada 2020/2021. No acto de entrega estará presente José Manuel Villamarín, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, Evencio Ferrero, alcalde do Concello de Carballo, Xosé Regueira, edil de Turismo e Promoción Económica e Marcos Trigo, edil de Cultura e Deportes. Por parte do CB Artai estará presente Macarena Mato, directora do CPR Plurilingüe Artai e por parte de Xiria, o seu director deportivo, Arturo Ferraces.

O equipo dirixido por Alberto García Patiño disputou en Carballo o pasado 12 de xuño a fase de ascenso, acadando a vitoria tras vencer en semifinais a Esclavas Trebóns e na final o CB Ames. Desta forma conseguía o ascenso e no cómputo global de toda a temporada lograba o subcampionato galego, superado polo Seis de Nadal de Vigo, campión da outra fase de ascenso.

A temporada da plantilla carballesa foi espectacular, pois só perdiu dous partidos na liga regular, permitindo desa forma acadar o campionato da delegación coruñesa e sumando as dúas vitorias na fase de ascenso Disputaron un total de dezaoito partidos, sumando dezaseis vitorias.

Será una acto moi especial para o seu adestrador, Alberto García Patiño, pois deixa o club tras catro temporadas repletas de éxitos. Neste catro anos no club acadou dous ascensos de categoría, dous subcampionatos galegos con dous equipos distintos e unha Copa Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...