viernes, 10 de septiembre de 2021

Roi Vega, novo responsable deportivo do CB Artai

 

Roi Vega, novo responsable do CB Artai


Importantes os cambios que afronta o CB Artai na súa vixésima primeira temporada de historia. O larachés Roi Vega Torreira (10/06/1979) convírtese no líder do novo proxecto no club, sustituindo no seu posto a Joaquín Moreira responsable de todas as temporadas anteriores. O larachés,cun currículo deportiva e como adestrador envidiable será o novo director deportivo do club e ademáis vaise a encargar de adestrar ó equipo de 2ª división, o Calvo Artai, sustituindo o santiagués Basilio Pampín, que este verán comprometeuse co Obradoiro para adestrar o equipo junior masculino.

Roi compatibilizará esta temporada o seu cargo de director deportivo e adestrador do Calvo Artai coa responsabilidade de ser director deportivo da Delegación Coruñesa e coa selección galega cadete femenina. A pasada temporada estivo como adestrador no Básquet Coruña. Desta forma o larachés completa a súa participación activa e directa cos tres equipos da bisbara, Xiria, CB Laracha e agora o CB Artai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...