Mostrando entradas con la etiqueta Torneo Jose Antonio Vega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Torneo Jose Antonio Vega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de diciembre de 2019

Horarios e información del IX Memorial José Antonio Vega


INFORMACIÓN GENERAL

La intención de este Memorial es de carácter lúdico, no competitivo, por lo que salvo en categoría infantil no habrá árbitros federativos ni mesa.

Los horarios de cada equipo van indicados en los archivos adjuntos. La estructura del tiempo de juego es de dos partes, sin tiempos muertos y a tiempo corrido. Se pueden realizar todos los cambios de jugadores deseados, pero éstos se harán en la zona técnica del banquillo sin parar el juego. 

Se hará el reparto de las comidas en torno a las 13.00 horas a los entrenadores responsables de cada equipo en el pabellón asignado. 

Tanto en el pabellón Municipal como en el CEIP Otero Pedrayo, a partir de las 12.00 horas habrá hinchables en los anexos cubiertos de los pabellones, para uso y distrute de todos los jugadores.

A las 17.00 horas finalizarán todos los partidos, momento en el cual todos los participantes nos reuniremos en el pabellón Municipal para la entrega de premios, obsequios y la tradicional foto de familia.

HORARIOS DE LOS EQUIPOS DEL CB ARTAI PARA EL MEMORIAL

EQUIPO PREMINI: CB ARTAI
Los partidos serán en el  pabellón municipal de A Laracha
11.00-12.00 XIRIA & ARTAI
14.00-15.00 ARTAI & MONTROVE
16.00-17.00 CULLEREDO & ARTAI


EQUIPO  MINI: CB  ARTAI
Los partidos serán en el pabellón del  CEIP Otero Pedraio de A Laracha
10.00-10.20 LARACHA & ARTAI
11.00-11.20 ARTAI & ESCLAVAS
12.20-12.40 CULLEREDO & ARTAI
13.40-14.00 ARTAI & ARTEIXO
15.20-15.40 MONTROVE & ARTAI
16.40-17.00 ARTAI & GOLFIÑOS

EQUIPO  INFANTIL: CARNICERÍA DANIEL ARTAI EBX
Loss partidos serán en el  pabellón del  IES Agra de Leborís
10:15 ARTAI & ARTEIXO A
11:45 ARTEIXO B & ARTAI
13:15 DESCANSO
13:45 LARACHA & ARTAI
16:00 ARTAI & CEE

miércoles, 26 de diciembre de 2018

Presentación do VIII Memorial José Antonio Vega (nota de prensa do Concello da Laracha)

350 RAPACES DE 28 EQUIPOS PARTICIPARÁN NA 8º EDICIÓN DO TORNEO DE BALONCESTO “JOSÉ ANTONIO VEGA”



* O evento foi presentado hoxe no Concello.
* Celebrarase o sábado nos tres pavillóns da Laracha.
* Haberá zona lúdica con uso aberto para o público en xeral.



Como sucede cada Nadal desde hai sete anos, A Laracha será este sábado a referencia provincial no baloncesto de base coa celebración da oitava edición do torneo José Antonio Vega. Hoxe presentouse o evento nun acto no que participaron representantes de todas as entidades e clubs que farán posible o evento: por parte do Concello da Laracha, o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de deportes, Patricia Bello. Polas Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto da Laracha, o seu coordinador, Roi Vega, que tamén é fillo do homenaxeado. En representación do C.B. Laracha estiveron o coordinador, Sito Cabado, e o secretario, Eliseo Velo. Por parte do C.B Artai acudiu o presidente, Joaquín Moreira. En representación do C.B. Arteixo Duacode estiveron o coordinador, Iván García, e o directivo Víctor García.

O alcalde valorou que este torneo estea consolidado “como a festa do baloncesto de referencia en Nadal na provincia da Coruña” e salientou a boa saúde desta modalidade deportiva no municipio tendo en conta a cifra de máis de cen nenos que forman parte das escolas municipais. Tamén destacou a cantidade de xente que se achegará ata A Laracha o sábado con motivo da celebración do torneo, o que implicará un impulso para economía local, en especial para o sector servizos.

Roi Vega comezou a súa intervención agradecendo o esforzo conxunto para facer posible un ano máis este torneo que para el “é un orgullo poder organizar e recordar a figura do meu pai, que estaría moi orgulloso de ver como crece e aumenta o nivel do baloncesto”. Como datos máis salientables apuntou que participarán seis clubs con vinte e oito equipos e un total duns 350 xogadores. Disputaranse 55 partidos de categorías desde babys ata infantís nos tres pavillóns da vila da Laracha (Municipal, IES Agra de Leborís e CEIP Otero Pedrayo).

Joaquín Moreira tamén destacou o torneo memorial José Antonio Vega como a “cita de referencia do Nadal” para os equipos de base do Artai, afirmando que “os nenos saben que hai a competición durante o ano e tamén este evento nas festas”.

Por último, Eliseo Velo mostrou a plena disposición do C.B. Laracha para colaborar e seguir mellorando o torneo e os representantes do C.B. Arteixo afirmaron que “é unha honra que nos invitedes a vir porque este torneo é unha parte máis do Nadal para os nenos da nosa entidade”.

Os seis clubs participantes son as Escolas de Baloncesto da Laracha (6 equipos), C.B. Arteixo Duacode (4 equipos), Escola Basket Xiria (2 equipos), C.B. Artai (5 equipos), C.B. Montrove Oleiros (6 equipos), CBC Culleredo (5 equipos).

Os nenos de categorías babys e preminis competirán no pavillón Municipal entre as 11:00 e as 17:00 horas. Os de categoría mini farano de 10:00 a 17:00 horas no pavillón do CEIP Otero Pedrayo. E os partidos dos infantís serán entre as 9:30 e as 17:30 horas no pavillón do IES Agra de Leborís. A xornada rematará co acto de entrega das medallas. Todos os participantes xuntaranse para recibilas a partir das 17:45 horas no pavillón Municipal.

A entrada para asistir como público aos partidos será libre e gratuíta. Haberá zona lúdica con inchables e xogos infantís aberta para uso do público en xeral.

jueves, 28 de diciembre de 2017

VII Memorial José Antonio Vega: horarios


DÍA DO TORNEO: SÁBADO 30 DE DECEMBRO

LUGAR: PAVILLÓN MUNICIPAL A LARACHA

EQUIPOS PARTICIPANTES
1.   Escola Basket Xiria
2.   Club Baloncesto Artai
3.   Club Baloncesto Culleredo
4.   Escolas de Baloncesto A Laracha
5.   Escolas de Baloncesto Ponteceso
6.   Salgado Montrove Oleiros



HORARIOS PISTA 1
HORA
PARTIDO
11:00-11:30
Laracha 1 –Xiria 1
11:30-12:00
Laracha 2-Artai 1
12:00-12:30
Culleredo-Laracha 1
12:30-13:00
Artai 1-Xiria 1
13:00-13:30
Laracha 2-Culleredo
13:30-14:00
Entrega de medallas e trofeos
14:00-16:00
Comida e xogos
16:00-16:30
Laracha 1-Artai 1
16:30-17:00
Xiria 1-Culleredo
17:00-17:30
Laracha 2-Laracha 1
17:30-18:00
Culleredo –Artai 1
18:00-18:30
Xiria 1-Laracha2




PISTA 2
HORA
PARTIDO
11:00-11:30
Laracha 3-Artai 2
11:30-12:00
Xiria 2-Ponteceso
12:00-12:30
Montrove-Laracha 3
12:30-13:00
Artai 2-Ponteceso
13:00-13:30
Xiria 2-Montrove
13:30-14:00
Entrega de medallas e trofeos
14:00-16:00
Comida e xogos
16:00-16:30
Laracha 3-Ponteceso
16:30-17:00
Artai 2-Montrove
17:00-17:30
Laracha3-Xiria 2
17:30-18:00
Montrove-Ponteceso
18:00-18:30
Artai 2-Xiria 2


lunes, 9 de enero de 2017

Victoria das cadetes no VI Memorial José Antonio Vega

VI MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA


CADETE FEMENINO

O VI Memorial José Antonio Vega disputouse o  sábado 7 de xaneiro na categoría cadete femenina en dous pavillóns; pola mañán, no paveillón de Caión e pola tarde no pavillón do IES Agra de Leborís.
RESULTADOS
Semifinais:
CD Los Rosales, 28-CB Artai,55
ACB Costa da Morte, 64-CB Laracha, 34
3º e 4º posto
CD Los Rosales, 47-CB Laracha,49
Final
CB Artai,64-ACB Costa da Morte, 29
Parciais: 20-10; 35-10; 52-19;64-29
CB Artai (20+15+17+12):Nuria (12), Emma (6), Sabela (20), Sarita (6), Cayetana (4), Alejandra,Uxía (2), Carla (8), Lili (2), Nerea (2),Elena (1) e Sara (1).
ACB Costa da Morte (10+0+9+10): Mouzo (8), Oca (8), Lestón (2), Martínez (10), Moskowich (1) e Piñeiro.
Árbitros: Fernández e González. Sancionaron con 19 faltas ás carballesas e con 8 ás ceenses.
Incidencias: O CB Artai logrou o campionato do Memorial tras vencer na final a un dos equipos da comarca,o ACB Costa da Morte de Cee no pavillón do IES Agra de Leborís.. Victoria clara das carballesas quenes dende o salto inicial dominaron o rtimo do encontró, aproveitando a escasa rotación do equipo de Manuel Vázquez.




miércoles, 4 de enero de 2017

Últimos torneos de Navidad



TORNEOS DE NAVIDAD
Se acaban las vacaciones de Navidad pero para la mayoría de los equipos del club, el parón navideño fue aprovechado para seguir con las sesiones de entrenamiento y participar en los distintos torneos que se disputan en estas fechas. En este último fin de semana de, el de la festividad de Reyes, cinco de los equipos tienen actividad que pasamos a enumerar a continuación.





VI MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA (SÁBADO 7 DE ENERO)

Organizado conjuntamente con los dos clubes de A Laracha y con  Carballo Basket, junto a la organización se une la participación de cuatro equipos: uno de la categoría de Baby –Básquet, uno benjamín, uno alevín y otro cadete femenino. Los horarios de los equipos de mini son los siguientes y hay que comentar que todos los partidos se diputarán en el pabellón municipal de A Laracha, donde además se procederá a la entrega de trofeos.






La categoría cadete femenina tiene el siguiente cuadro de horarios y dos sedes, siendo por la mañana en el pabellón de Caión y por la tarde en el IES Agra de Leborís. Nuestras cadetes abren el torneo a las 10:00 horas frente a CD Los Rosales.  Estos son los horarios:

























TORNEO + TALENTO 2017 (DOMINGO 8 DE ENERO)


El equipo con más horas de entreno y con más partidos en sus piernas es el conjunto cadete. Además de no parar en ninguna de las semanas de Navidad, vienen de jugar el IV Torneo Asicasa Culleredo y ponen el punto final a las vacaciones el mismo domingo jugando ni más ni menos que tres partidos, todos ellos en el pabellón del albergue de la Marina en la localidad de Sada. Los horarios son los que aparecen a continuación:
  • 10:00-Artai-Santo Domingo de Betanzos
  • 11:00-Artai-Montrove de Oleiros
  • 17:00-Bosco Ourense-Artai

sábado, 31 de diciembre de 2016

Presentación do VI Torneo José Antonio Vega

A 6ª EDICIÓN DO TORNEO DE BALONCESTO “JOSÉ ANTONIO VEGA” CELEBRARASE O SÁBADO 7 DE XANEIRO

  • O evento foi presentado onte no Concello da Laracha coa presenza de representantes de todos os clubs organizadores.
  • Contarase con 350 xogadores e 32 equipos de baloncesto.
  • Haberá zona de xogos infantís atendida por monitores durante toda a xornada. 

O Concello da Laracha volverá ser a capital provincial do baloncesto o vindeiro sábado día 7 de xaneiro coa disputa da sexta edición do torneo memorial José Antonio Vega, unha cita xa consolidada como a referencia deste deporte durante o Nadal. O evento foi presentado este mediodía, contándose coa participación de representantes de todas as institucións e clubs implicados na laboriosa organización: Concello da Laracha, Escolas Municipais de Baloncesto da Laracha, C.B. Laracha, Escola Basket Xiria e C.B. Artai, ademais da Federación Galega de Baloncesto.

O 7 de xaneiro os pavillóns da Laracha (municipal e IES Agra de Leborís), Paiosaco (CEIP Alfredo Brañas) e Caión (Xermaña) acollerán un total de sesenta partidos. Haberá en torno a 350 xogadores e 32 equipos, con presenza maioritaria de conxuntos das categorías pequebasket, benxamín e alevín, pero contando tamén con cadetes e sénior. Os primeiros encontros principiarán ás 10:00 horas e o inicio da cerimonia de entrega dos premios e agasallos está previsto para as 18:00 horas no pavillón municipal da Laracha.

Para amenizar a xornada ao público infantil, haberá unha zona de xogos e inchables atendida por monitores especializados, facilitando deste xeito acudir en familia  a desfrutar da evento como público, sendo a entrada libre e gratuíta.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, agradeceu a todos os presentes o seu traballo para organizar “un programa moi completo” e por contar cun torneo que “xa está arraigado no municipio e consolidado como unha das citas máis importantes do baloncesto na provincia da Coruña dentro das festas do Nadal”. Mostrou o seu desexo de que “esta edición sexa un éxito como as cinco anteriores” e expresou a “total disposición do Concello para colaborar e coordinar a xornada en todo o que sexa necesario”. Por último, tivo un recordo para José Antonio Vega, quen “merece esta homenaxe anual como amigo, veciño e impulsor do baloncesto na comarca”.

Roi Vega, responsable das escolas municipais de baloncesto da Laracha e fillo de José Antonio Vega, agradeceu a organización do evento a todos os implicados “en nome propio e no da miña nai” afirmando que “o meu pai estaría orgulloso de ver como se fai este torneo cada ano no seu recordo e tamén pola promoción do baloncesto”. Referiuse, así mesmo, ao completo programa que se levará a cabo “a pesar do complicadas que eran as datas este ano pola coincidencia dos festivos nas fins de semana” e concluíu asegurando que “é complicado ter máis clubs e xogadores nun so día de competición”.

Rubén Lorenzo, vicepresidente da Escola Basket Xiria, mostrouse “moi satisfeito pola continuidade do torneo” e valorou o esforzo que se está a facer no Concello da Laracha no apoio ao baloncesto a través das escolas deportivas municipais.


Diego Rivas, en representación do C.B Artai, tamén destacou a importancia de “alcanzar a sexta edición do torneo que move máis xente polo Nadal” co desexo de que “sigamos facéndoo moitos anos máis” xa que “cada ano a organización é mellor e coa cooperación de todos, e a pesar das complicacións que poden xurdir, ao final é fácil e gratificante levalo a cabo”.


Para finalizar, Eliseo Velo, do C.B. Laracha, agradeceu aos presentes “que contasen con nós para participar na organización do torneo” e mostrouse “plenamente disposto a colaborar no que sexa necesario para que o desenvolvemento da xornada sexa perfecto”.

lunes, 28 de diciembre de 2015

Presentación V Torneo José Antonio Vega


O TORNEO JOSÉ ANTONIO VEGA ALCANZA A SÚA 5ª EDICIÓN CONSOLIDÁNDOSE COMO REFERENCIA NO BALONCESTO PROVINCIAL

 

  • Disputarase o domingo 3 de xaneiro nos pavillóns da Laracha e no de Caión.
  • Haberá 31 equipos, xogaranse 55 partidos e contarase cuns 350 xogadores.
  • No pavillón municipal da Laracha habilitaranse catro pistas para os encontros e unha zona de xogos infantís.

  
A quinta edición do trofeo de baloncesto memorial José Antonio Vega celebrarase o domingo día 3 de xaneiro no Concello da Laracha, consolidándose como unha referencia provincial deste deporte durante o Nadal. O evento é organizado polo Concello da Laracha e as Escolas Municipais de Baloncesto da Laracha (Embal) en colaboración co C.B. Laracha, Escola Basket Xiria, C.B. Artai e a Federación Galega de Baloncesto.


Nesta ocasión haberá 31 equipos participantes das categorías pequebasket, benxamín, alevín e sénior masculino e feminino. En total estarán representados once clubs: ademais dos catro que participan na organización, o C.B. Calasancias, A.C.B. Costa da Morte, C.B. A Estrada, C.B. Arteixo, C.B. Culleredo, Dominicos e Ponteceso.


Os encontros da categoría sénior masculina disputaranse no pavillón polideportivo de Caión e o torneo  das sénior femininas, no do IES Agra de Leborís. Nestes casos a competición constará das semifinais que se xogarán pola mañá (10:00 hora) e dos partidos das finais e do terceiro e cuarto posto, que serán pola tarde (a partir das 15:00 horas).
 

No pavillón polideportivo municipal da Laracha disputaranse todos os encontros de categorías de base desde as 10:30 e ata as 18:00 h. A organización habilitará catro pistas para poder disputar varios encontros simultaneamente. Ademais haberá unha quinta área de xogo libre na que os nenos que non participen no torneo poderán disfrutar de actividades lúdicas como inchables, karts e diversidade de obradoiros.

 

Na presentación do torneo, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, quixo agradecer “o excelente traballo dos catro clubs organizadores”, asegurando que “no Concello estamos moi satisfeitos das catro anteriores edicións e de que esta cita sexa a máis importante para o baloncesto durante o Nadal”. O rexedor tamén se referiu ás posibilidades que para o sector comercial do municipio ofrece este torneo polo “movemento constante de xente que vai haber ese día”, polo que tamén considera “positivo non concentrar toda a actividade nun único lugar”.


Roi Vega, responsable de Embal e fillo de José Antonio, iniciou a súa intervención agradecendo en nome da súa familia a todos os organizadores e participantes por “recordar ao meu pai” cun evento que tamén supón “un orgullo por ver medrar o baloncesto no meu pobo”. Como datos máis importantes, salientou que haberá 55 partidos e 31 equipos (dos cales oito serán de categorías sénior e outros 23, de base). Por tanto calcúlase que haberá en torno a 350 xogadores e a estimación é que o movemento de xente polos tres pavillóns polideportivos será dunhas mil persoas. A pesar deste importante volume de partidos, Roi asegurou que organizar o evento “foi moi fácil porque tiven unha resposta inmediata por parte de todos”.


Marcos Díaz Molk, representante da Escola Basket Xiria, considera que “para José Antonio sería un orgullo ver como se unen os clubs máis importantes de Bergantiños para organizar e participar neste torneo que leva o seu nome”. Tamén lembrou que o Xiria cumpre trinta anos facendo unha labor importante para que Carballo sexa un referente de canteira de baloncesto en Galicia.


Joaquín Moreira, presidente do C.B. Artai, agradeceu que o Concello da Laracha “sempre nos diga si ao que pedimos para levar a cabo o evento”. Tamén quixo destacar que se trata dunha iniciativa positiva e “perfectamente deseñada para acudir á Laracha a disfrutar desta xornada en familia”.
 

Por último Eliseo Velo, representante do C.B. Laracha mostrouse disposto “a colaborar con todo o que poidamos para que o baloncesto sexa cada vez máis importante no municipio”.

 

A entrada para o público aos tres pavillóns polideportivos durante toda a xornada do día 3 de xaneiro será libre e gratuíta.

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...