SELECCIÓN GALEGA
INFANTIL MASCULINA
Mateo Cambón Domíguez, larachés, e xogador do equipo infantil
Carnicería Daniel Artai participou coa Selección Galega en categoría Infantil
Masculina no Campeonato de Seleccións Autonómicas que tivo lugar en Huelva
dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2020. Inmellorable a traxectoria do
combinado galego, vencedor nos seis partidos xogados o que lles permitiu o
ascenso a categoría especial para o ano 2021. Os resultados foron os seguintes
(pódense consultar as estadísticas picando no marcador)
- Venres 3
de xaneiro no pavillón Plus Ultra de Palos contra Castela-A Mancha ás
13:30 horas. Victoria por54-94. Foi o mellor partido de
Mateo, sendo o máximo anotador do partido con 15 puntos.
- Sábado 4
de xaneiro no pavillón Cortés Medina de Lepe contra País Vasco ás 17:30
horas.Victoria por 81-47
- Domingo 5
de xaneiro no pavillón Cortes Estrada Huelva dous partidos; ás 11:30 horas
contra Ceuta con victoria por 4-55 e ás 19:30 horas contra
Melilla.Victoria por 80-41
Nas semifinais polo ascenso ó grupo
especial (as oito mellores seleccións) venceron a Extremadura por 67-48 o luns seis de xaneiro e na
final, disputada o martes día 7, gañaron
a Murcia por 80-66.
No hay comentarios:
Publicar un comentario