SÉNIOR MASCULINO 3ª DIVISIÓN-XORNADA 12ª
CB CAMBRE, 49-DIMOLK XIRIA ARTAI, 62
CALVO ARTAI (17+18+19+8): Luciano (9-1 TRIPLA), Tato (15-2 triplas), Jota (10 -1 tripla), Eduardo (2), Fran ( 14- 4 TRIPLAS), Cancela(2), Otero(2), Javi(2), Mario (5) e Adrián Pereira (2).
INCIDENCIAS: Partido correspondente a duodécima xornada de liga.Encontro que servía para retomar o camiño da vitoria , tras vir de dúas derrotas consecutivas.
Partido que comezaba moi axustado , onde os dous conxuntos empezaban anotando con claridade , pero os nosos con máis acerto dende a linea exterior conseguía impoñerse nos primeiros minutos (13-17).
O segundo cuarto seguiría o mesmo guión co primeiro , as defensas seguían sen existir por parte dos dous equipos e solo o acerto de tres puntos , con un Fran inspirado neste cuarto con 3 triplas axudado por un Jota que anotaría 7 puntos neste cuarto , facían que o Dimolk se impuxera no descanso por 27-35.
Tras o descanso chegaría a mellor versión defensiva dos nosos , vendo un nivel defensivo dos mellores da temporada , liderada polo júnior Adrián Pereira , terceiro júnior en debutar na categoría seguindo os pasos de Damián e Samuel , que subía a agresividade defensiva do equipo o que deixaba sen resposta os locais , onde solo anotarían 3 puntos , o que deixaba moi encarrilado o encontro para os nosos , con un marcador o finalizar o cuarto de 30-54.
O último cuarto viría unha relaxación dos nosos , con unha gran reacción dos locais , pero que non chegaría para acadar a victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario