O sábado, 18 de xaneiro,
celébranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada
pola Federación Galega de Baloncesto. Serán as dúas primeiras xornadas para os
xogadores de Delegación Coruñesa, que este ano ante a gran cantidade de equipos
(33) decidiu dividir en dous grupos a todos os equipos. Nesta ocasión a organización recae sobre o Club Baloncesto Artai e
conta co apoio do Concello de Carballo.
A presentación da xornada será o
xoves 16 de xaneiro ás 13:30 horas no Concello de Carballo coa presencia de
Evencio Ferrero,alcalde do Concello, Marcos Trigo, edil de deportes, Macarena
Mato, directora do CPR Artai, Arturo Ferraces, director deportivo de EB Xiria e
Joaquín Moreira, presidente do CB Artai.
Nesta
competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2015,
2014,2013 e 2012) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en
dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final,
primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a terceira vez que se
disputa esta competición en Galicia.
Os partidos que se xogarán en
Carballo no pavillón Bergantiños empezarán ás
dez da mañán e durarán ata as dúas da tarde,
calculando que o número de xogadores presentes na competición serán aproximadamente
de 180 e sendo o número de equipos participantes un total de 16. Serán un partidos
nesta xornada de promoción do baloncesto
Os equipos participantes son os
seguintes:
1 LICEO LA PAZ
2 CALASANZ C.D.
3 BASQUET CORUÑA BABY BLANCO
4 BASQUET CORUÑA BABY AMARILLO
5 C.B. ARTAI A
6 C.B. ARTAI B
7 C.B. ARTAI C
8 EDM PEQUEBASKET PONTECESO XIRIA
9 ESCOLA BASKET XIRIA PEQUEBASKET
XIRIA VERDE
10 ESCOLA BASKET XIRIA
PEQUEBASKET
11 C.B. LARACHA PAN Y DÍAZ
12 CLUB AA DOMINICOS
13 CLUB AA DOMINICOS
14 CLUB BALONCESTO CAMBRE
15 C.B. GOLFIÑOS DE SADA
16 C.B. GOLFIÑOS DE SADA GOLFIÑOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario