O noso
adestrador, Iván Villaverde Cores, comeza o ano 2020 dando un importante xiro
na súa carreira
deportiva. Dende o día 2 de xaneiro exerce xa como primeiro
adestrador do Agrupación Deportiva de Baloncesto Avilés (ADBA), club que milita
na liga Femenina-2, antesala da 1ª división femenina, a máxima categoría do
baloncesto nacional. Na actualidade estaba coas categorías inferiores do club e
coordinaba as escolas de baloncesto de Baio.
Nesta nova
etapa, o adestrador carballés ten o difícil reto de manter a categoría nun
equipo que actualmente vai penúltimo, cuna sola victoria no que vai de liga.
Reto maiúsculo porque enfrente terá a equipos dun gran nivel nacional, como por
exemplo o Movistar Estudiantes (chega a xuntar a máis de 10.000 seguidores no
seu pavillón) e históricos do baloncesto galego, como o Baxi Ferrol de Lino
López, o Celta de Cris Cantero, o Cortegada
de Rubén Domínguez ou o Arxil de Pontevedra.
O debut para
Iván Villaverde será este sábado día 11 de xaneiro na pista de Galdakao
(Bizkaia) para xogar a partir das sete frente ó equipo local, o GDKO Ibaizabal,
equipo que vai segundo na clasificación.
Para máis
información consultar os seguintes enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario