martes, 18 de junio de 2019

Recepción no Concello para a plantilla do Calvo Artai este mércores ás oito da tarde

O mércores 19 de xuño ás oito da tarde no Concello de Carballo serán recibidos por parte do alcalde, Evencio Ferrero e Marcos Trigo, edil de Deportes, os integrantes do Calvo Artai polo seu ascenso a 2ª División e subcampeonato galego de 3ª División (participaron, divididos en 7  grupos un total de 78 equipos). Tamén asistirá a directora do CPR Artai ,Macarena Mato e o vicepresidente segundo da Federación Galega de Baloncesto,José Manuel Villamarín Couto, quen fará entrega do trofeo e as medallas os componentes do Calvo Artai. Os xogadores adestrados por Alberto García e Pablo Moreira acadaron, na súa segunda temporada na categoría, o ascenso a 2ª División tras quedar segundos no seu grupo da Delegación Coruñesa, eliminar o Irmandiños de Ferrol na fase previa e vencer nos seis partidos da liguilla de ascenso a rivais, a priori dede máis entidade, pois quedaran de primeiros nos seus grupos de liga regular. Cunha plantilla composta por xogadores carballeses, a maioría formados no propio club, Alberto e Pablo tiveron a súa disposicición a 15 xogadores senior e tamén participaron no ascenso tres xogadores junior, casualmente dous deles, Manu Rey e Pablo Otero, irmáns de dous dos componentes do equipo senior,Javi Rey e Dani Otero.
Os xogadores que lograron o ascenso foron os seguintes:
  • BASES: Fer Mariño (capitán), e  Diego Mallo
  • ESCOLTAS: Bruno Calviño, Javi López, Marcos Guiance, Alesandro Pérez,Pedro Trigo e  Pablo (junior)
  • ALEROS: Javi Rey, Andrés Puente, Iván Cancela, Sergio Cebral e Manu (junior)
  • PIVOTS: Jaime Sueiro ,Abraham Parcero, Adrián Rey e Yago (junior)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...