viernes, 4 de diciembre de 2015

Xuntanza de minibasket en Santiago

XUNTANZA DE SELECIÓNS ZONAIS

A Área Deportiva da FGB confía de novo o seu traballo de seguimento e avaliación técnica en torno ao formato “Xuntanza”. Este sistema de concentración reagrupará ás Seleccións Zonais FGB de categoría Minibasket. Con elas realizará en Compostela este mesmo sábado, cinco de decembro, unha xornada deportiva, sen carácter competitivo pero con alto contido lúdico.
Con este obxectivo, 16 equipos, dous por cada Delegación Zonal e con triple representación no caso de A Coruña e Vigo, están citados no Pavillón do Restollal para encher de baloncesto e convivencia as tres pistas habilitadas para a ocasión.
160 xogadores e xogadoras seleccionados previamentepolos responsables deportivos de cada área xeográfica conforman a base de traballo para esta “Xuntanza”, cuxos listados de participantes, así como o calendario de xogo, poden consultarse no documentos que se achegan.
Nesta xuntanza que se celebrará en Santiago de Compostela mañán ,día 5 de decembro, xunto cos dous seleccionadores galego, Javier Cotelo e Iván Villaverde, ambos do noso club, estarán seis xogadores do club. Así coa selección coruñesa masculina, a métade dos seus integrantes son do equipo alevín A:
1.       Antón González
2.       Alejandro López
3.       Miguel Cerviño
4.       Borja Rey
5.       Mario Penedo
A seleción coruñesa terá o seguinte calendario:
·         10:45 contra Ferrol
·         16:30 contra Vigo
·         18:30 contra Lugo
A seleción femenina, pola súa parte, conta coa presencia de Uxía Suárez que terá o seguinte calendario:
·         10:45 contra Ferrol
·         16:30 contra Vigo
·         19:45 contra Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...