O técnico Javier
Cotelo en categoría
masculina será o encargado de tutelar o ciclo
da temporada 2015 - 2016 da Selección Galega Mini.Regresa á dinámica das
Seleccións Galegas cinco anos despois da súa última presenza como técnico nas
mesmas, comezará a traballar en decembro arroupado polo seguinte equipo:
Axudante: Ivan Villaverde (C.B. Artai)
Delegado: Daniel
Fuentes (Estudiantes Pontevedra)
Os dous técnicos do
club unense a FEGABA neste traballo coas categorías de formación. Javier Cotelo (Carballo, 1971) é un dos
adestradores con maior bagaxe deportivo en categorías de formación a nivel
autonómico. El foi un dos impulsores da sección de baloncesto de Xiria e leva
oito anos traballando cos xovenes xogadores de Artai militando catro temporadas
na liga galega. Habitual colaborador da FEGABA o adestrador carballés
compatibiliza esta temporada a súa labor cos equipos de formación do CB Artai
co cargo de adestrador do equipo senior do CB Laracha.

No hay comentarios:
Publicar un comentario