jueves, 23 de agosto de 2018

Os cadetes comezan a pretemporada o luns


CADETE MASCULINO-CARBALLO A UN PASO

O segundo dos doce equipos que forman parte esta temporada do CB Artai, o cadete masculino de Carballo a un Paso, baixo as órdenes de Javier Cotelo, comeza o seu traballo de pretemporada o luns 27 de agosto coas miras postas na Copa Galicia que arranca no mes de setembro.
Os xogadores cadetes están citados para o luns ás sete da tarde no pavillón Bergantiños de Carballo que nesa primeira semana será a instalación na que traballarán eses cinco días. A partir do mes de setembro os adestramentos trasladaranse o pavillón do IES Monte Neme.
Ten traballo Javier Cotelo para esta primeira semana pois ten que conformar a plantilla que formará parte do equipo que compita en 1ª división despois do brillante ascenso acadado a finais do mes de xuño en Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...